(2014-2015) Participamos na creación do Maio e celebrámo-las Letras Galegas
Durante a semana das Letras Galegas, participamos na elaboración do maio, creado por tódolos compañeiros e compañeiras do centro. Como cada ano a infantil, 1º e 2º correspondeunos facer os colares de flores.
O primeiro foi separar as flores dos talos, para poder logo empregalos na creación dun colar.
Aproveitando que durante esta semana estiveron nas nosas aulas os "nosos avós", algo que xa vos contaremos máis polo muido en próximas entradas; pedímoslles se querían axudarnos e elas aceptaron encantadas, así que durante dous días fixemos un colar de flores enorme.
Comezamos a facer o colar coa avoa de Lucas F.
Facendo traballo en cadea demos conseguido crear un colar moi longo, todo elo coa axuda da avoa de Daniela e Carlota
Cando o rematamos era tan longo que tivemos que levalo entre varios.
Finalmente a avoa de Iker axudounos a colocalo no maio, que xa estaba decorado, coas aportacións dos compañeiros e compañeiras dos restantes cursos do colexio.
E así quedou o maio rematado, agora tan só faltaba cantar as coplas na celebración do "Día das letras galegas".
Estas foron as coplas que cantamos os nenos e nenas de infantil, contando cousas que nos sucederon ó longo deste curso.
OS RAPACES DE INFANTIL
FIXEMOS EXPERIMIENTOS
PARA LEVARLLOS A ORBIL
NUNHA MÁQUINA DO TEMPO.
GRABAMOS A NOSA PELI
COMO FAN OS DIRECTORES
CUN ELENCO MOI COMPLETO
DE GUIONISTAS E ACTORES
PUXERON UN CHAN DE CORCHO
E FIXEMOS AS MALETAS
COMO CHEIRABA TAN MAL
MARCHAMOS "PRA" BIBLIOTECA
Tamén cantamos a "canción do pirata" que tocaron os compañeiros e compañeiras de sexto.
Poesías para regalar:
Participamos tamén nunha actividade proposta desde a biblitoeca do centro. Había que escribir poesías para poder regalalas logo polo pobo.
En infantil decidimos escribir as mesmas poesías que recitaramos na actividade de "contacontos na carballeira", decorándoas. Unha compañeira de cada unha das dúas aulas de infantil, xunto a un representante dos restantes cursos do colexio, foron os encargados de repartilas polo pobo.
Antes de que saíran a repartilas, nos achegamos a leer algunha poesía feita por nenos doutros cursos
e Iker explicounos ónde colocaran él e a súa avoa o noso colar de margaridas.
Un marcapáxinas para homenaxear a Filguera Valverde:
Para homenaxear ó escritor elexido este curso para o "día das Letras Galegas", Filgueira Valverde, creamos un marca páxinas no que, ademáis do seu nome e fotografía, incluímos unha das súas poesías e a súa curiosa sinatura. E por suposto tamén os decoramos.