(2014-2015) Comezamos novo proxecto- O punto de partida "o agasallo das nais"
Hai dúas semanas comezamos novo proxecto, que forma parte dunha actividade de centro sobre a arte e que ten como producto final o pintado das paredes da sala de usos múltiples con motivos que saen en cadros que en cada aula se traballen.
O punto de partida ou elemento motivador foron unha serie de imaxes, que a profe nos amosou nun power
propoñéndonos que utilizásemos algunha delas para elaborar o noso regalo para as nosas nais, xa que estaba a data cerquiña.
Nos gustaron todas moito e fixemos un exercicio de imaxinación poñéndolles títulos a moitas delas.
Ademáis vimos un video que está no recanto de infantil, no que amosaba unha forma de debuxar do mesmo pintor dos cadros, e que nos gustou para facer deste xeito o debuxo que iría no regalo, que sería unha almofada do rato (para outros se convertiría nun repousa tazas).
Este era o video:
Comezamos elixindo de entre seis figuras que aparecían neses cadros, e que poderían resultar sinxelas para esta actividade. E nos fumos anotando na que nos gustaba para o agasallo.
As representamos co corpo
nun primeiro momento de xeito máis informal, e noutra sesión, (por equipos representando cada un a forma que elixiu para o seu regalo) aproveitando a tea verde que utilizamos para a grabación do corto, para logo montar un pequeno cadro.
Aínda temos que seguir traballando no cadro pero volo amosamos con todas as imaxes unidas..
Con respecto ó agasallo das nais..
Nun primeiro momento comezamos con rotuladores pero vimos que con ceras manley, como estaban facendo na outra aula, quedaba mellor, pois emborronaba menos.
e por fin xa as tiñamos todas feitas!
Pola parte traseira escribimos unhas palabras especiais para esta data
E só nos faltaba o papel de regalo, que pintamos por equipos, de xeito libre, tratando de respetar os espacios nos que pintaba cada un, e tentando comprender que un cachiño nos correspondería a nós, independientemente de quen houbera pintando antes nel.
Ademáis con estas mesmas formas tamén creamos nunha cartolina unha composición libre, pintándoas e pegándoas cómo e ónde quixéramos e engadíndolle algún elemento como líneas, puntos, formas.
E tamén debuxamos con lápiz nos noso blocks de debuxo
esa mesma forma ou figura que utilizamos para o agasallo- todos aqueles que fumos capaces, e ós que non llos debuxou a profe.
Aquí un compañeiro aparece un pouco enfadado porque non lle sae, pero con un pouco de axudiña a súa cara cambiou enseguida cambio de expresión..e comezou a tarefa.
E finalmente pintamos con témpera esas formas e as decoramos para crear o noso cadro ao Keith Haring.
Nos gustaron moito todas estas propostas e sobre todo levarlle os agasallos ás nosas nais!