(2014-2015) E no mes de abril tamén sucedeu todo isto
Durante este mes de abril, ademais de planificar, preparar e levar a cabo a rodaxe da película, tivemos tamén tempo participar en todo isto:
Os compañeiros e compañeiras de sexto viñeron a tocarnos unha canción, xunto coa profe Merce, por iso preparamos a nosa aula para recibir ós compañeiros de infantil 1, que serían os nosos convidados. Tivemos que contar cantas cadeiras iamos precisar se "xuntábamos" cantos eramos na nosa aula con cantos son na do lado.
A canción do pirata, que xa coñecíamos, quedou fantástica interpretada polos artistas de sexto.
As nosas plantas comezaron a medrar, de feito por fin podemos ver como xa aparecu un pequeno brote de carballo (que plantaramos en outono).
Como lembraredes, estivemos sementando diferentes plantas durante as semanas deste curso. Durante este mes de abril rematamos as nosas plantacións con novas sementes.
Os últimos encargados das plantas tiveron que sementar: albahaca, tomates, pepinos, cebola
Nesta ocasión cada encargado da planta contou coa axuda dos seus compañeiros e compañeiras. Tanto para sementar...
Como para completar os paneis de seguimento das prantas.
Tamen continuamos a ser creativos coa "témpera"... traballado nos equipos cooperativos, tiveron que acodar que cores e cantos pinceis ían precisar en cada caso.
Había que acordar unha estratexia para poder pintar un encrucillado de liñas de cores, xa que só había un pincel para cada cor e todos e todas tiñan que pintar o seu cadro.
A maquina do tempo, onde estaba o noso libro dos experimentos, voltou do salón do libro (podes ver a entrada relativa a este traballo aquí), e xa podemos "xogar" co ela no corredor do colexio.
Por primeira vez neste curso, e cando o tempo acompañou, puidemos ir merendar ó patio das árbores do colexio. Encántanos poder comer sentados na herba.
No traballo co noso diccionario e co muro das palabras, os de tres anos que quixeron, comezaron tamén a tentar "escribir" as palabras tal como estaban no muro, ó igual que fan os seus compañeiros de máis idade. (ata o de agora só pegaban as imaxes e escribían libremente segundo a hipótese na que se atopaban)...
Tamén fixemos un regalo para o dia da nai, nesta ocasión relacionado coa obra de Keith Harin, dentro dun novo proxecto de investigación que acabamos de comezar, e do que vos daremos cumprida conta en breve nunha entrada.
Cada quen escolleu a figura que máis lle gustaba dalgunhas que atoamos na obra de Harin e escribiu o seu nome nunha folla.
O profe tróuxonos a silueta debuxada nun círculo de goma-eva, xa que iamos facer unha almofada para o rato. Usando unha técnica de Harin, que vimos nun vídeo que podedes atopar no apartado correspondente deste recanto, fomos debuxando a nosa almofada.
E así de chulas quedaron rematadas:
Por suposto, cunha mensaxe escrita pola parte posterior.
Cun papel de regalo feito libremente por cada un, e tras envolver o regalo, xa estaba listo para levar para casa.
De seguro que lle gustou ás nais ;)
Programar o noso robot educativo, o beebot, estase a voltar cada vez máis complexo, porque xa temos práctica con el.
Por exemplo atopar unha letra "esquivando un obstáculo" o que implicaba programar varias ordes consecutivas, desde a perspectiva espacial do robot.
Ou mover o beebot tantas celdas como indicaba o número, pero sen saír da grella, o que facía preciso planificar unha estratexia previa, en función no número que tocase, porque sen liña recta saía fora da grella.
Ou programando rutas pasando necesariamente por unha baldosa, o que facía presico planificar a ruta antes de introducila no beebot. Algún xa foi capaz de facelo do tirón.
Tamén continuamos a explorar o uso funciona dos números para expresar lonxitudes empregando o outro robot, o probot.
Na semana do libro participamos nunha chea de actividades, como a sesión de contacontos sobre "alimentos", organizada pola biblioteca pública do Concello.
Recitamos as nosas rimas "de tradición popular", nos "contacontos da caballeira", xunto ós compañeiros e compañeiras do colexio, nunha actividade organizada polo equipo de biblioteca do centro.
Participamos tamén na sesión de contacontos a cargo de algunhas nais do colexio, entre elas a nai do noso compañeiro Álvaro.
Diego e Guillermo, compañeiros de primeir, que o curso pasado estaban na nosa aula e na do lado, viñeron a facernos unha enquisa para un traballo que estaban a facer na súa aula.
No pavillón exploramos as posibilidades do noso corpo, facendo carreiras "coordinadas".
Correndo por parellas, que era doado.
E en grupos cada vez maiores, para o que había que coordinar os movementos, e sobre todo falar e escoitar ós demais par "correr xuntos".
E por suposto, correrendo collidos como nun tren, que foi o máis complexo de todo ;)
Tamén tivemos que coordinar movementos con obxectos.
Noutra das sesións xogamos a "xogos tradicionais" que atopamos nun libro que había na aula.
Como o raposo que tiña que cazar as galiñas "colléndolle o as plumas do rabo".
Ou as "pelotas que queiman", onde había que ter coidado de que non che tocasen á vez ás dúas pelotas ou perdías.
Ata fixemos a nosa versión da "petanca", empregando pelotas grandes e unha pelota de ping pong "como boliche". NOA explicounos as normas para xogar, xa que as coñecía.
Con pasos fomos medindo quen foi o gañador... aquel que estivese más preto do boliche.
E por petición "popular" ... rematamos xogando ó pano... eso si despois duns primeiros intentos onde nos liamos un pouco cos números, pero demos feito co xogo ;)