(20142015) E no mes de marzo aconeceu isto!
Vos contamos o máis destacable do mes de marzo, ademáis dalgunhas propostas e actividades xa comentadas en anteriores entradas como a celebración dos cumpreanos, os últimos experimentos, elaboración do batido de fresas, ademáis do proxecto de Chaplin.
Facemos un agasallo para os nosos pais
Nesta ocasión fixemos un chaveiro con masa branca, coa inicial do nome do noso pai.
Para elo falamos dos nosos pais, contando o que máis nos gusta facer con eles, ademáis de ver cómo eran os seus nomes e as iniciais.
Que logo buscamos nunha caixiña con moitas letras, pois utilizaríamos as letras da pizarra para estampalas na masa branca.
Estiramos e xogamos coa masa ata darlle forma (de círculo a maioría, e algún triángulo) e estampamos a letra.
Tamén aproveitamos cando rematábamos, para modelar con esta masa que habitualmente non utilizamos. Esta era diferente á plastilina pois despois duns días secaba e quedaba dura.
Así, puidemos pintar con témpera o noso chaveiro cando pasaron un par de días
Ademáis decoramos unha caixiña de cartulina que previamente recortamos algúns e picamos outros,
na que meteríamos o noso agasallo.
e escribimos unha pequena felicitación que logo metimos na caixiña xunto co chaveiro.
E listos os nosos agasallos!
Continuamos cos intercambios
Buscando a letra da semana Participando en xogos ó aire libre
traballando algúns conceptos como grande/mediano/pequeno e lungo/corto, coa plastilina.
Traballando con números de dúas cifras
Marcando o camiño que debía seguir o bee bot para formar unha palabra-monosílabos.
As lecturas por parellas
Que facemos semanalmente, os mércores.
Ademáis da visita á biblioteca do cole.
Ademáis os máis pequenos fixemos un pequeno libro da nosa familia , coma facemos cada curso os de 3 cando empezamos o cole e para a portada do libro fixemos composicións con material natural e de refugallo, creando un marco para a foto de familia, que logo fotografiamos e imprimimos.
Os compañeiros máis grandes tamén axudaron aos máis pequeniños, organizándose por parellas, a numerar os experimentos do dossier, para que pegaran o número da serie numérica que correspondía.
E isto é todo polo momento, aínda os temos que contar o que estivemos a facer en torno a Chaplin.