Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Grabamos a nosa versión "do baile dos panciños" de Chaplin. Queres vela?

Podes ver as entradas publicadas anteriormente sobre este proxecto de traballo e investigación, nas seguintes ligazóns:

27/11/14:  Comezamos a investigar sobre Chaplin para rodar a nosa propia película 

5/12/14: Resolvendo máis preguntas sobre Charles Chaplin

24/01/15: (2014-2015) Xogamos a pensar coas películas de Chaplin durante a nosa investigación

21/03/15: (2014-2015) Rematando a investigación sobre Chaplín para comezar a preparar a rodaxe da nosa película

 

Como xa sabedes,  e podedes ler nas entradas anteriormente indicadas, xa rematamos a nosa investigación sobre Chaplin, e estamos a punto de comezar coa creación e rodaxe da nosa propia película, que era o producto final que queríamos facer e para o cal iniciamos esta investigación.

Tan só quedaba pendente que cada equipo plasmase no mural o resultado da súa investigación.

 

Os anos nos que se fixeran as películas que xa tiñamos no mural doutra das preguntas que investigamos.

 

Cantas mulleres tivo.

 

A cantidade de cartos que gañou coas súas películas.

 

E que outras profesións tivo ademais de ser actor. 

Rematamos tamén o noso dossier persoal, incluíndo estas últimas respostas. Traballando nos equipos cooperativos puidemos axudarnos uns ó outros e rematamos axiña. 

 

Para que o noso mural quedase máis claro de entender, porque tiña moitísima información, dividimos cada apartado pegando "caras" e "corpos" de Chaplin facendo unha serie, alternando un de cada. 

Acordamos unha organización de traballo entre todos, uns encargáronse de recortar, outros de levar as figuras e outros de ir pegándoos no mural. Por suposto fomos rotando polas diferentes zonas de traballo.

 

E así quedou o noso mural rematado.

 

Como xa sabedes, estamos a piques de comezar a crear, planificar e rodar a nosa película, agora que xa sabemos como temos que facela, que material e que persoas participan na súa creación.

Pero antes fixemos varias probas "imitando" as películas de Chaplin, concretamente o fragmento "O baile dos panciños" de "A quimera de ouro" (unha das películas que tiñamos no noso mural).

Deste xeito puidemos probar que ser actor non era doado, e que ser cámara precisaba ter moita práctica, aínda que o grabasemos cun móvil.

 

Fixemos as primeiras probas de equipo de rodaxe, uns foron os encargados de sonido (co ordenador), outros de dirixir e outros da iluminación... e por suposto todos fomos actores e cámara.


Agora xa sabemos que parte do proceso é a que máis nos gusta, así cando á volta das vacacións teñamos que crear, planificar e organizar a rodaxe da nose película, xa saberemos un pouco que é o que máis nos gustaría facer.

Aquí podes ver como nos quedou este vídeo "de probas" coa nosa interpretación "do baile dos panciños"...  ata o fixemos en branco e negro como os de Chaplin.  

Podes ver o vídeo orxinal de Chaplin, que usamos de "inspiración" aquí.

Tamén practicamos as labores de "maquillaxe", "peluquería" e "vestiario", convertíndonos en Chaplin... eso si igual se nos foi algo a man co maquillaxe non si? ;)  En todo caso pasámolo de medo maquillándonos uns ós outros.



Á volta das vacións iniciaremos a creación e rodaxe da nosa propia película "como as de Chaplin"... como sempre contarémoscho en próximas entradas.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.