TAREFA " OS ECOSISTEMAS"
Hola a todos/as:
Como estamos inmersos no traballo por TAREFAS e temos que investigar e afondar moito presentámosvos un traballo feito polo alumnado de 4º curso, onde titora e especialista en PT aunamos esforzos para traballar contidos e procesos a desenvolver co alumnado vinculado coas competencias clave e á vez, conseguir dar unha resposta á diversidade presente na aula.
Probamos a deseñar esta TAREFA sobre os ECOSISTEMAS, con un producto final de relevancia, que foi a EXPOSICIÓN ORAL do traballo feito polo alumnado e, que, temos que dicir que nos cundiu a reo. Traballamos en equipo, aprendemos xuntos, investigamos, debatimos, decidimos e o resultado final concluímos que foi moi bo, polo que continuaremos nesta liña.
Os puntos fortes deste traballo e que consideremos interesanta destacar son: a busca e tratamento da información, a integración da totalidade do alumnado na tarefa, e, a importancia que tivo a exposición oral para o alumnado. De aí avaliamos e sacamos conclusións moi válidas para a nosa práctica educativa.
Deixámosvos o" mapa da tarefa" coas actividades e exercicios feitos así como algunhas imaxes ó respecto.
ACTIVIDADE 1: Investigamos termos relativos ós ecosistemas
|
ACTIVIDADE 2 CREAMOS A EXPOSICIÓN SOBRE O NOSO ECOSISTEMA PARTICULAR |
ACTIVIDADE 3 SESIÓN DE EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR |
Exercicio 1: Debate sobre termos dos ecosistemas. Técnica empregada: “ Mesa redonda” Exercicio 2: Busca de definicións sobre os ecosistemas. Técnica empregada: “ Lápis ó centro”, “ Folio xiratorio”, “ Parada de tres minutos” Exercicio 3: Elaboración de esquema para estudio sobre os ecosistemas. “ Mapa conceptual a 4 bandas”
|
Exercicio 1: Visionado de vídeos sobre ecosistemas e resposta a preguntas de comprensión sobre os mesmos. Técnica empregada: “ O apadriñamento de preguntas”. Exercicio 2: Selección do ecosistema sobre o que traballar. Exercicio 3: Busca de información Exercicicio 4: Organización da inforamación en base a mapas conceptuais.
|
Exercicio 1: Selección de datas para a exposición de equipos. Organización de agrupamentos e orde de actuación. Exercicio 2: Elaboración de paneis visuais coa información. Exercicio 3: Organización da exposición por equipos para a exposición. |