Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) E no mes de febreiro....pasou todo isto

Neste mes que rematou andivemos inmersos en  moitas tarefas e propostas.

Por un lado a nosa participación e visita ao Salón do Libro,  o obradoiro de experimentos, do que fixemos varias entradas, o Entroido, así como a celebración dos cumpreanos e o proxecto de Chaplin, do que vos contaremos en breve.

Ademáis sucederon outras cousas.

Continuamos coas nosas rutinas diarias de encargado

situándonos no mes e día, co noso calendario dixital, rexistrando qué nenos/as faltaban, cándo eran os cumpreanos do mes e o más destacable como a excursión ó Salón do Libro, contando, escribindo...

 

Tamén continuamos a ir á biblioteca do cole, onde nos gusta moito ver e contar os contos

 

e onde tamén facemos algún traballo relacionado co conto protagonista.

             

Na sala de informática algunhas semanas traballamos e xogamos nos ordenadores por parellas e un grupo de tres (pois somos impares) que fai o encargado,

     

e outras participamos en xogos lim e outros da web ou relacionados co que estamos traballando na aula.

 

-Nas sesións de psicomotricidade, unhas veces na sala de usos múltiples, outras no pavillón, continuamos a levar a cabo actividades, propostas e xogos cos que afianzamos conceptos espaciais, lateralidade, control e coordinación corporal, as relacións cos compañeiros, a escoita e atención.

       

o xogo das estatuas, imitando ao neno que facía cada vez de estatua protagonista, mentres entre cambio e cambio nos desplazábamos de moitas formas diferentes.

    

  colocando os conos de diferentes maneiras en torno ao noso corpo e colocándonos nós con respecto a eles, según as consignas da mestra.

    

      facendo canastas cos aros nos conos

              

            facendo un percorrido en zig zag por relevos

                   

levando a cabo circuitos, onde se combinaban diferentes tipos de desplazamentos, e movementos.

 

 Tamén continuamos a levar a cabo propostas cooperativas,  tratando de ter cada vez máis en conta aos nosos compañeiros e de falar e coordinarnos para chegar a acadar un obxectivo común.

Algunhas destas propostas:

-Crear un caracol en A3 con teas de cores. Caracol que nos serviría para pegar nel os versos dunha poesía de Gloria Fuertes que aprendimos na aula.

                    

Primeiro elixíamos un encargado de "material", facendo o rexistro, e logo decidíamos a cor de teas que poríamos. E despois de debuxar o caracol, pegaríamos as teas sobre o debuxo.

        

               

        

             

E unha vez rematado o caracol, noutra sesión, escribimos os versos da poesía e o recortamos para pegar xunto ao mural do proxecto.

 

 E así quedaron os nosos caracois e a nosa poesía:

             Caracola y caracol, son felices bajo el sol

                  se pasean por la orilla de la mano y sin sombrilla

                      Caracol y caracola ya no están solo ni sola

                          se quieren a rabiar allá en roquetas de mar

 

-Trazamos de maneira conxunta líneas horizontais nun folio A3, decidindo 3 cores e tratando de participar todos no trazado.

para logo facelo nós individualmente no noso block de témepera.

                

 

-Secuenciamos cronolóxicamente as fotos de Chaplin: neno/ xoven/ señor/ anciano.

Aínda que cada un de nós tiñamos que facelo na nosa ficha individual, a tarefa consistía en falar e ir facéndoo todos a un tempo, explicando aos máis pequenos.

E unha vez rematado, como en todas as propostas cooperativas, realizamos a autoavaliación cos iconos de caras contenta, triste e pensativa, para darnos conta de en qué aspectos non levamos a cabo o traballo entre todos.

 

Nalgunha sesión da semana tamén continuamos a iniciarnos na robótica co noso "beebot", como por exemplo con esta actividade na que tiñamos que marcar o percorrido que debía facer o beebot para chegar á inicial do noso nome.

    

Os compañeiros máis maiores axudaban aos máis pequenos explicándolle o percorrido, en qué teclas marcar para chegar á súa inicial.

 

 Ademáis, nos momentos que rematamos unha tarefa facemos un rato de xogo nun dos recantos e seguimos desfrutando da nosa mesa de luz, que todavía leva pouco tempo na aula.

Xogamos coa intensidade da luz, coas distintas cores, facemos composicións, superpoñemos papeis de distintas cores e texturas...

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 16 invitados conectados.