(2014-2015) Continuamos a expermientar e facemos un mapa para chegar ó Salón do Libro
Podes ver os pasos anteriores e o proceso nas seguintes entradas:
07/02/15: (204-2015) Facemos experimentos científicos para elaborar o traballo do Salón lo libro
17/02/15: (2014-2015) Continuamos experimentando e preparando o traballo para o Salón do libro
Nestes últimos días, unha vez que xa rematamos de facer o noso libro "ciencia ou ficción" para o Salón do libro, continuamos a facer experimentos na aula, de xeito que fosemos ampliando o noso caderno de campo.
A PEMENTA QUE FUXE:
Exploramos como cheiraban os diferentes materiais que iamos empregar.
Os máis atrevidos ata probaron a pementa indicando a que lles sabía ou que sentían: picaba, daba sede, facía "cosquillas"...
Unha vez explicado o experimento formulamos hipóteses sobre que criamos que sucedería cando metésemos o dedo na auga con pementa:
- Baille picar o dedo cando o meta na auga
- Vai a desparecer a pementa
- Vailles queimar
- Vaise mesturar todo
- Non vai a pasar nada
Probamos a meter o dedo (sen xabón) e comprobamos que algunhas das nosas hipóteses non se cumprían. Sucedería o mesmo co dedo cheo de xabón?
Cando fixeron a mesma experiencia con xabón, cada un dos equipos observou como a pementa escaba do dedo...
Despois de debatir sobre o que pensábamos que sucedera, tan só quedaba anotar a nosa experiencia no caderno de campo dos experimentos... aínda que tivesemos diferentes idades, dentro dos equipos axudámonos uns ós outros.
A CANDEA E A AUGA:
Noutro dos experimientos o profe plantexounos un "reto"... como poderíamos coller a moeda que estaba nun plato cheo de auga sen mollar os dedos?. Podíamos empregar un vaso e unha candea.
Cada quen propuxo a súa estratexia:
- Enchendo a auga no vaso
- Con un imán
- Soplando a auga.
- Bebendo a auga.
Unha a unha fomos probándoas e descubrimos que ningunha delas servía de solución. Joaquín contounos que na aula do lado o seu irmán xa fixera o experimento e que se poñíamos unha candea dentro dun vaso se podía facer.
Primeiramente probamos cun vaso de plástico, pero ó meter a candea dentro (por parte do profe porque é moi perigoso xogar co lume), descubrimos que se fixo un burato no vaso. Acordamos que seguro que foi polo lume da candea que o queimou, así que optamos por facelo con un de cristal.
Cando metimos a candea prendida dentro dun vaso observamos como a auga desaparecía e se metía dentro do vaso... e á vez a candea apagábase... por fin podíamos coller a moeda sen mollarnos.
Debatimos e plantexamos hipóteses de que críamos que sucedera.
- A candea chupou a auga dentro do vaso
- O lume foi o que "bebeu a auga".
- A candea apagouse porque o lume apaga a auga (contestáronlle que auga non chegou a tocar o lume nunca e aínda así se apagou)
- Foi o aire que "chupou" auga como no expermiento do vaso e o cartón.
- Non foi o aire, seguro que foi o calor, como fai o sol coa auga que a fai desaparecer
O CUBIÑO DE XEO QUE PEGA:
Un novo reto foi plantexado na nosa aula... como poderíamos levantar no aire un cubiño de xeo pendurado dun anaco de la?.
Nas nosas primeiras probas, non atopamos o modo e que levantar o cubiño coa la, aínda que probamos tódalas estratexias que se nos foron ocurrindo.
Puxemos a la sobre o cubiño de xeo e botámoslle un pouco de sal, que previamente probamos todos e todas e nos soubo a "ensalada".
Despois dun anaco se tirabas da la leventábase tamén o cubiño de xeo... que sorprendente.
Novamente plantexamos hipóteses sobre o que críamos que sucedeu:
- A la pégase ó xeo por culpa da sal
- A sal convírtese en xeo e pégase o cubiño
- A la queda atrapada dentro do xeo.
- Si , queda atrapada porque a sal fai que o xeo se desfaga, por iso a "tiran" nas carreteras.
Anotamos a nosa experiencia no caderno de campo dos experimentos.
EXPERMIENTANDO CO MAGNETISMO:
Como xa sabíamos, porque nos gusta moito experimentar cos imáns que temos no recanto do científico, estes poden pegarse a obxectos metálicos. Así que cando o profe nos plantexou o xogo de "sacar un clip dun vaso de auga sen mollarnos" a todos se nos ocurriu empregar o imán.
O problema foi que o vaso estaba moi cheo de auga, e o imán non era o suficientemente longo para non mollarnos... así que estivemos "argallando" a forma de poder recupearar o imán sen mollarnos.
Cada un foi probando a pegar diferentes obxectos no imán ata que descubrimos que, cando algo se pegaba nun imán este á súa vez se convertía noutro imán e podía pegarse algo nel...
De seguido chegamos á idea de pegar varios parafusos a poder rescatar o clip sen mollarnos.
ASÍ QUEDOU O NOSO CADERNO DE CAMPO:
Se queres ver como quedou o noso caderno de campo de tódolos expermientos, aquí tes un exemplo de como quedou.
Fai click na imaxe para ve-lo exemplo do caderno de campo.
FACEMOS UN MAPA PARA CHGAR Ó SALÓN DO LIBRO:
O día antes de participar nas actividades do Salón do libro, e por suposto, de poder visitar de novo ó lobo ORBIL, estivemos dialogando "sobre como poderíamos chegar a Pontevedra".
Usando o percorrido que nos ofrecía google maps, fomos descubrindo en street view diferentes lugares polos que iamos pasar ata chegar ó Pazo da Cultura de Pontevedra.
Podes ver o mapa que empregamos, cos puntos marcados que observamos no apartado de videos do recanto de infantil, ou directamente desde aquí.
A partir dun modelo que elaboramos entre todos e todas, onde fomos pegando cada unha das imaxes dos sitios máis relevantes plos que pasaríamos, fomos construindo o noso propio mapa.
Así quedou o noso mapa rematado... agora xa sabíamos como podíamos chegar ata o Pazo da Cultura.
Podes ver todo o que fixemos na seguinte entrada, onde vos contaremos a nosa visita ó Salón do Libro de Pontevedra.
Aínda que xa rematamos a nosa tarefa sobre a "ciencia ou ficción", os expermientos científicos continuarán na nosa aula de forma periódica no que resta de curso. Como sempre poderedes estar ó tanto deles nas diferentes entradas que vaiamos publicando no noso blogue.