(2014-2015) Experimento da sal e o xeo
Outro dos experimentos que fixemos o a partir do cal creamos unha historia foi o do "XEO E A SAL".
Os materiais empregados foron: un cubiño de xeo, un trozo de lá e un pouco de sal.
Intuimos qué imos facer con estes materiais:
-Vamos a derretirlo.
-Vamos a poner la sal encima, en el cubito y después alrededor la lana.
-El cubito de hielo con la sal se derrite, lo vi en un libro.
-Se congela porque el cubito está muy frío.
-Se derrite todo.
-Se va a congelar un poco la lana.
-Se va a derretir y después se pega.
E non andamos mal encamiñados
EXPLICACIÓN CIENTÍFICA
A SAL DERRITE O XEO (POR ISO SE EMPREGA NAS GRANDES NEVADAS NA ESTRADA) E Ó BOTALA SOBRE O CUBIÑO ONDE ESTÁ APOIADA A LÁ, DERRÍTESE UN POUCO DESTE XEO, ABRÍNDOSE UN BURATO POLO QUE SE METE A LÁ E Ó MOMENTO COMEZA A CONXELARSE POLO EFECTO DO CUBIÑO QUE SEGUE CONXELADO, QUEDANDO METIDA E PEGADA AO CUBIÑO.
Así o reflexamos no noso dossier individual:
E así quedou a historia que inventamos, na que o xeo é unha montaña, a lá unha serpe e a sal, granizo.
ISTO ACONTECEU HAI MOITO TEMPO...NO ALTO DUNHA MONTAÑA VIVÍA UNHA SERPE. UN DÍA QUE ESTABA TOMANDO O FRESCO, COMEZOU A CHOVER E DESPOIS A CAER GRANIZO. CAÍA TAN FORTE QUE O GRANIZO FIXO UN BURATO NA MONTAÑA. A SERPE QUIXO ATRAVESAR O BURATO PERO ESTABA TAN GORDA PORQUE COMERA MOITAS RATAS, QUE QUEDOU ATRANCADA.
PASOU UNS DÍAS SEN SAIR E SEN COMER E ADELGAZOU E POR FIN PUIDO SAIR.
E COLORÍN COLORADO ESTE CONTO ESTÁ EXPLOTADO.
(ILUSTRANDO A HISTORIA)
(ESCRIBINDO O COMEZO E O FINAL)