(2014-2015) Celebrámo-los cumpreanos do mes de xaneiro
Co comezo do novo ano chegou o turno de celebrar os cumpreanos de este mes de xaneiro.
Nesta ocasión os homenaxeados foron TIAGO que cumple cinco anos, NOA e YESSICA que cumpliron seis ó longo deste mes de xaneiro, os tres da aula de infantil 2.
Elexiron para "invitar ós seus compañeiros e compañeiras" facer trufas de chocolate, de entre as receitas que había no noso libro.
Contaron coa axuda de outros compañeiros e compañeiras para cer tamén as trufas sen gluten.
Entre todos e todas rematamos axiña de darlle forma "de bola" ás trufas. Xa estaban lista para metela no frigorífico.
Ó día seguinte, cando tería lugar a celebración dos cumpreanos, os tres homenaxeados foron a buscalas ó frigorífico da sala de mestres. Menos mal que non faltaba ningunha ;)
NOA e YESSICA sopraron as súas seis candeas...
e TIAGO as súas cinco.
Os anftrións foron repartindo as trufas... e ata sobraron para repetir o que quixo.
Rematamos a festa mensual de cumpreanos con gusanitos e patacas fritidas.
E como non, con zume como bebida.
Agora tan só nos queda agardar un mes enteiro para que chegue o próximo cumpleanos... iremos contando os días nos nosos calendarios.