(2014-2015) PROXECTOS CIENCIAS 5º CURSO
PROXECTOS DE 5º CURSO
Durante as vacacións de nadal, os de 5º tivemos que elaborar uns proxectos para a clase de ciencias.
Aquí están os traballos.
Ainhoa tróuxonos UN ECOSISTEMA ACUÁTICO.
Consistía nun regato con tritóns.Pero houbo un problema; os tritóns escapáronselle e apareceron crías de tritón que as chinches acuáticas se comeron.
Aquí temos a Ainhoa dándonos a súa explicación.
Iago fixo o seu traballo sobre OS FUNGOS.
Contounos:
-tipos de fungos
-enfermidades comúns dos fungos
-cómo combatir os fungos
Carla, Silvia e Raúl Lesta fixeron a maqueta dun volcán.
Fixeron un power point e nel explicáronnos cómo decidiron o tema e cómo o levaron a cabo.
Antes de mostrarnos a erupción do seu volcán,ensináronnos : cómo é un volcán , cáles son as súas partes, os riscos dos volcáns, erupción do Vesubio(Italia) , previsións das erupcións, que é un sismógrafo.
Logo explicáronnos cómo elaboraron a maqueta e as cantidades que botaron e porqué botaron esas cantidades en concreto.
Para demostrarnos o que nos contaron saímos ó patio e alí vimos a erupción.
Raúl Mirás e Hugo fixeron unha maqueta da célula animal e da célula vexetal.Explicáronnos cómo fixeron as maquetas e tamén aprendemos partes novas das células que non sabiamos.
Víctor tróuxonos os resultados dun experimento que fixo na súa casa.
Reproduceu cómo os mofos medran nos alimentos e cómo evitalo.
Botou lentellas en dúas botellas de plástico iguais e unha delas estivo exposta á luz e a outra estivo na escuridade.
Mostrounos qué pasou nos dous casos.Aquí tendes o resultado.
Aquí está a botella que estivo na escuridade.
Aquí está a botella que estivo exposta á luz.
Logo trouxo dous botes de espárragos.
Un estaba sen caducar envasado ó valeiro en perfecto estado.
e o outro estaba caducado.
Lya fixo un traballo sobre a célula. Consisteu en explicar mediante un esquema as partes da célula en xeral, e as partes da célula animal e vexetal.
Javier Remiseiro e Antón explicáronnos o proceso da fotoséntese mediante un esquema.
Foi un traballo realista e ben explicado.
Ana e Sara fixeron unha maqueta do aparato respiratorio que logo fixemos todos e todas na clase.
Javier Riopa e Inés mostráronnos a erupción dun volcán.
Así pasamos as nosas vacacións.
FIN