(2014-2015) Todo isto foi o que tamén aconteceu no mes de novembro
No mes de novembro, ademais de continuar investigando sobre Charles Chaplin, tal como vos contamos noutra entrada, sucedeu tamén todo isto:
SEMENTANDO ALLOS E FEIXÓNS:
Neste mes tocábanos sementar allos e feixóns, e como na ocasión anterior o primeiro foi explorar sensorialmente ambas sementes: ulindoas, tocándoas...
Por sorteo correspondeulle a NOA e MARÍA ser as encargadas de sementar e de coidar ámbalas dúas plantas.
Elaboraron os paneis de seguimento e medimos o crecemento das cenorias e leitugas, que sementaramos no mes de outubro.
Regándoa regularmente tan só queda esperar a que medren.
Completamos o dossier de seguimento, engandindo estas novas plantacións.
Probamos tamén a facer "xerminar" un feixón nun vaso de plástico, cun algodón e auga, tal como nos contaban nun vídeo que visionamos.
Despois dunhas semanas os nosos feixóns xa estaban así de grandes.
Por iso decidimos "transplantalos" todos xuntos a un testo de maior tamaño, para puidesen seguir medrando.
NO PAVILLÓN:
Na diferentes sesións de motricidade no pavillón explorarmos as posibilidades do noso corpo, axudados de diferentes obxectos.
Traballamos o equilibro e coordinación.
Exploramos a capacidad creativa e dramática xogando ó bádminton, como Yoana, a persoaxe que tiñamos no noso muro das palabras.
Cooperamos e coordinamos os movementos cos dos demais para "xogar os bolos xigantes".
E tamén exploramos as posibilidades motóricas do noso corpo, sen usar ningún obxecto.
PROGRAMANDO CÓDIGO CO BEEBOT:
Continuamos a programar o noso Beebot con tarefas cada vez máis complexas, como recorrrer este laberinto que fixemos nós mesmos.
RECIBIMOS CORRESPONDENCIA:
Foi tamén un mes cheo de correspondencia, xa que enviamos e recibimos varias cartas e correos electrónicos.
A primeira delas foi para agradecerlle ós pais de Joaquín o puzzle e disfraz que nos trouxeron á aula.
Escribimos unha carta que Joaquín sería o encargado de entregar na casa.
É o día seguinte recibimos unha gran sorpresa, tróuxonos de volta unha carta escrita pola súa nai e o seu pai, que el mesmo se encargou de ler.
Unha mañá, decatámonos que no ordenador tiñamos un "correo electrónico", e cando o abrimos descubrimos que era de TIAGO, que levaba uns días sen vir e nos contaba que estaba enfermo... e ata nos enviaba unha foto súa. Por suposto respostamos ó seu correo enviándolle un cunha foto de todo o grupo.
Para o proxecto de investigación sobre Chaplin, do que podedes atopar máis información nas respectivas entradas, tamén recibimos moitos e-mails das nosas familias onde nos enviaban información. Por suposto respostamos a todos eles. Tamén recibimos a recomendación de varios vídeos que nos facía o noso compañeiro VICTOR, que está en quinto, e que se enterou de que estabamos a investigar sobre este tema.
CREANDO EXPOSICIÓNS PARA O NOSO MUSEO:
O noso museo da aula contou con varias exposicións pictóricas ó longo destes mes... todas elas creadas traballando cos equipos cooperativos.
Unha delas foi "liñas e puntos" onde seguindo as instruccións e axudándonos uns ós outros, para dividir a folla cunha x, e debuxar puntos, liñas e espirais en cada unha das partes.
Noutras ocasións cada equipo tivo que acordr que cores quería empregar, indicándolle ó "encargado de material" que era o que precisaban todos e todas para facer o traballo, e en que cantidade.
Como eran traballos de "moita precisión", era importante que nos escoitasemos os uns ós outros, para poder ir "axudándonos" e guiándonos mutuamente no proceso.
Como sempre obtivemos exposicións estupendas.
NOVAS PALABRAS PARA O NOSO DICCIONARIO:
O noso diccionario no continúa de medrar, engadíndolle novas palabras
Cada semana continuamos a traer palabras "diferentes" das nosas casas.
Cada compañeiro explica sempre as novas palabras que trae, buscando en internet unha imaxe da mesma para que todos e todas a coñezan.
CONTINUAMOS COS INTERCAMBIOS:
Varios días á semana organizámonos por un lado os compañeiros de tres años, e por outro os de catro e cinco, co profe Óscar ou Ángela, segundo o día, para traballar aspectos como estes:
Clasificando obxectos pola cor de cada equipo.
Buscando na aula obxectos da mesma cor que tiña o noso equipo equipo.
Ou traballar coa recta numérica, os de máis idade, facendo que unha canica se desplace sobre a mesma ata os distintos números, ideando un sistema con plastilina para que non escapase.