(2014-2015) Facemos pan como na prehistoria e celebrámo-lo Magosto no Parque arqueolóxico
Por fin chegou o gran día, iamos visitar o Parque Arqueolóxico da Arte Rupeste de Campo Lameiro para celebrar alí o Magosto. Podes ver como preparamos esta visita nas diferentes entradas dos recantos de infantil 1 e infantil 2.
No Parque, ademáis de celebrar o Magosto iamos aprender a facer pan como os homes e mulleres da prehistoria.
Cando chegamos estaba agardándonos FRAN, quen nos acompañaría ó longo da visita.
Primeiro fomos visitar o cervo EDUR, que xa coñecíamos da nosa visita do curso pasado ó Parque Arqueolóxico, dentro da nosa investigación sobre a prehistoria.
Alí estaba enorme coma sempre. Comentamos con Fran moitas das cousas que xa sabiamos sobre el: por que o debuxaron, para que os cazaban...
E descubrimos novos datos que non sabíamos.
O seguinte paso foi encamiñarse cara o poboado prehistórico, alí sería onde iamos a facer o pan como na antigüedade.
FRAN contounos que se facía a fariña con diferentes sementes: trigo, centeo, millo... e ata landras ou castañas.
Que aquí dentro era onde gardaban tódalas sementes que colleitaban ó longo do ano.
E que empregaban duas pedras para ir esmagándoas e conseguir que as sementes se "transformasen" en fariña de cor branca.
Nós, por equipos, tamén empregamos pedras para conseguir a fariña.
Con fariña e auga fomos amosando a masa para facer pan.
Había que darlle con bastante forza, pero entre todos e todas demos feito unha bola enorme.
Dous compañeiros que son celíacos tiveron que facer o seu pan cunha fariña especial, sen gluten.
Aínda que só eran dous, coa axuda do profe ÓSCAR, deron feito tamén a súa bola de masa de pan.
Dividimos a bola en diferentes "tortas" para poder cociñalas nun recipiente sobre o lume... parecido a como facían na prehistoria. As dos compañeiros celíacos tivemos que facelas no forno, xa que non podían mesturarse coas outras.
E así quedaron as nosas tortas de pan xa cociñadas.
Durante a merenda comímolas con crema de cacao.. estaban boísimas...
Despóis de tanto traballo chegou o momento da merecida merenda... todos e todas sentados sobre a herva merendamos xuntos.
Rematada a merenda participamos na celebración do Magosto recitando as poesías que inventaramos, xunto ó cartel escrito coa poesía.
Os compañeiros de compañeiras de Infantil 1 recitaron as súa creación.
E logo os compañeiros de infantil 2 tamén recitaron a poesía que inventaran na súa aula.
Os diferentes cursos do colexio foron recitando as súas rimas, e cando remataron degustamos as castañas asadas do Magosto.