(2014-2015) CM 1.- Que será? Investiguemos!
Comezamos o curso!!Que ganas tiñamos de poñernos a traballar!!??
E para comezar con algo de misterio... as mestras que impartimos a materia de Coñecemento do Medio en 5º e 6º decidimos xuntar aos dous cursos para poñernos a falar (iso si que nos gusta!) pero de algo en concreto.
Dentro dun bote mostrámoslles "algo". Que sería?
Entre todos...mirámolo e remirámolo, cheirámolo, tocámolo,...e fomos plantexando as diferentes hipóteses do que podería ser ao igual que a maneira de poder confirmar cada unha delas.
Entre as diferentes hipóteses do que sería dixeron: ovos de peixe, pasta, sales de baño, area de praia, alpiste, millo pequeno...
Para comprobalo decidiron comezar cun experimento por todos coñecido: meter un pouco nun vaso con algodón e auga para descartar ou confirmar que fosen algún tipo de sementes. E en atenta espera estivemos!
Así , sen querelo, aprendemos cales eran os pasos a seguir no método científico.
Según o resultado do experimento empezariamos a investigar e documentarnos sobre o mundo das prantas, ou o dos minerais, ou dos animais,...