(2014-2015) Unha tartaruga na aula de 1º
Na aula de 1º temos unha mascota, a tartaruga Sofía. Aquí temos unhas fotografías do día que chegou á aula.
Entre todos déronse ideas para o seu nome e logo votouse e por maioría decidiuse que se chamaría Sofía. Uns días despois descubrimos que é macho, pero o nome xa non llo cambiamos.
Cada día dous alumnos encárganse de cambiarlle a auga e botarlle comida e os venres turnaránse para levala ás súas casas. Para iso, teñen que pedirlles permiso aos pais e ver se poden levar a Sofía no autobús, xa que a maioría dos nenos van a casa en autobús.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG_20140918_091907.jpg | 1.07 MB |
IMG_20140918_091928.jpg | 1.42 MB |
IMG_20140918_091956.jpg | 1.06 MB |
IMG_20140918_092005.jpg | 1.24 MB |
IMG_20140918_092010.jpg | 1.06 MB |
IMG_20140918_092024.jpg | 1.21 MB |