(2013-2014) Participamos nunha experiencia co alumnado de sexto- Caldo de adiviñas!
A finais do mes de maio participamos nunha experiencia onde a cociña, a literatura e o arte combinábanse dun xeito moi orixinal e creativo.
E o que mais nos gustou a todos: cos alumnos maiores do colexio, os nenos e nenas de 6º curso.
Esta proposta formou parte da nosa participación no Salón do Libro, no que nos regalaron un lote de libros para as nosas bibliotecas de aula e nos propuxeron facer este traballiño para presentalo os membros de OQO editora a nivel europeo.
E aquí comeza a nosa aventura!!!!
Sí, sí!! mirades ben!, andamos todos intrigados polo que estará escondido debaixo das bolsas amarelas....ésta é a clave da actividade!
Esta longuísima mesa estaba chea de todo tipo de alimentos..incluídas chuches..pero....
non eran para comer, non! eran para crear con eles as portadas de 6 contos de OQO, que os nosos compañeiros de 6º, distribuídos en diferentes equipos, previamente nos contarían.
Así, feitos os seis equipos, e unha vez decidido onde contar as historias,comezamos!!!
E unha vez contadas as historias, pasamos a escoller os alimentos para darlle forma á portada do conto que a cada equipo lle correspondía.
E así nos quedaron as portadas..
Qué traballiño nos deu! pero os resultados foron increíbles..
e feitas as portadas, o traballo continuaba pois tiñamos que volver a reunirnos para unha nova lectura do conto e tomar nota dos alimentos que nel aparecían para debuxalos ou recortalos en revistas, ademáis de decidir as pistas que escribiríamos.
En breve vos amosaremos cómo quedou o noso libro !!