(2013-2014) Fin do noso proxecto sobre o PALEOLÍTICO
Como ben sabedes andamos a investigar sobre a Prehistoria.
(Entradas anteriores: "Comezamos o noso proxecto prehistórico" )
En concreto, coa mestra Marga:
como era o día a día no Paleolítico.
-Unha vez anotadas as dúbidas que tiñamos
-e xa atopadas as respostas a case todas elas
-decidimos recoller o resultado final nunha presentación na que cada neno e nena preparou a súa diapositiva coa ilustración e respostas a pregunta pescudada.
Para a xornada imprimímolas e as expusemos no corredor. (Se clicades no enlace que atoparedes ao remate deste texto teredes acceso a ela.)
-Ademais, coa información atopada xa podiamos retocar os nosos guións da representación teatral que andabamos a preparar.
Entre todos fomos decidindo como e cando escenificar os distintos momentos e actividades que acontecerían.
Despois de algúns ensaios, e preparar parte dos elementos da escenografía e decidir o vestiario, tiñámola casi lista.
O día da xornada de portas abertas que fixemos no noso colexio, ademais de mostrar ás familias toda a información sobre a prehistoria en Galicia que pescudamos co mestre Tirso,
de expoñerlles o que descubrimos sobre como xurdiu a música coa mestra Merce, información que aproveitaríamos para preparar unha parte da representación,
e de explicar "en inglés" a nosa visita turística a o Stonenhe en Inglaterra coa mestra Loli, ...
tamén os invitamos á nosa obriña de teatro no escenario.
Quedou ben chula e divertida!
Aquí vos deixamos o enlace á entrada sobre a Xornada Prehistórica no colexio, para que podades disfrutar dos traballos que prepararon todas as demais aulas do centro: "XORNADA PREHISTÓRICA"
Tamén podedes ver aquí como recolleu a prensa a nosa xornada:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PRESENTACIÓN.swf | 224.16 KB |