uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:
       

(2013-2014) Nós tamén andamos inmersos na prehistoria! - Así foi o inicio de proxecto

Xa estades todos e todas ao tanto de que no centro se está levando a cabo un proxecto común en torno á prehistoria. E no que na nosa aula, despois de dar resposta ás cuestións e curiosidades orixinadas, nos centramos nos PETROGLIFOS xunto cos compañeir@s de Infantil 2.

Pero comecemos polo principio:

A raíz do Entroido, no que o noso disfraz era moi prehistórico

iniciamos na aula un "proxecto de investigación", seguindo os pasos que sempre seguimos.

                             QUÉ SABEMOS?

 

          QUÉ  QUEREMOS SABER?  E  ÓNDE BUSCAMOS?

Como un dos lugares suxeridos ónde buscar información era nas casas, levamos a casa unha nota informando do novo proxecto e pedindo colaboración.

E da casa fumos traéndo cousas moi interesantes:

Información de libros e de páxinas de internet.

Unha guía sobre as Rías Baixas onde se falaba da Arte Rupestre en Campolameiro.

Libros moi interesantes dunha colección sobre a Historia de Galicia.

Máis guías sobre a Prehistoria e un folleto dunha exposición do "Neolítico".

Incluso o director nos achegou algún libriño da mesma colección.

Fotografías. Unha sobre os "homínidos", que logo descubrimos que se chamaban así.

E do descubrimento do lume.

 

Ademáis, tiñamos na web do colexio algúns videos que os profes localizaron, que visionamos en algunha ocasión e a partir deles iamos sacando conclusións e case respostando a todas as cuestións.

En cada video facíamos paradas cada 5 minutos para ir comentando o máis destacable e dictándolle á profe os novos descubrimentos, que logo plasmaríamos no mural.

Uns equipos traballaban un día para escribir esas conclusións no mural, outro día buscaban fotografías que lles axudaran a ilustrar as respostas, tanto nas información traída de casa como en internet.

 

Éstas son algunhas  das respostas plasmadas no mural.

(pendiente de foto)

 

Tamén, lendo na información traída de casa, descubrimos que nesa época non escribían pero sí pintaban, aínda que non con pinturas como as que temos hoxe en día, senón con recursos naturais: prantas, pedras brandiñas, terra,... machacando todo acadaban unha pintura que plasmaban en rocas e muros, como as covas de Altamira.

Así que probamos a saír ao patio a recoller estes elementos para nós crear a nosa pintura como os homes e mulleres da prehistoria.

Cada equipo fumos colocando nun recipiente o que recollimos para machacalo

Cada equipo ía engadindo a súa e seguía machacando e mezclando aínda que para axudarnos nesta tarefa nos axudamos das tixeiras para cortar ben pequeniño, obxecto que nesa época non tiñan, eles sí que pasaban traballo!!

Ó final con esa mezcla de elementos naturais machacados e triturados conseguimos "pintar" en cartulinas, para deixalo reflexado dalgún modo.

E como falabamos do principio, polo momento nos quedamos aquí e nunha seguinte entrada vos contaremos que foi o que aconteceu despois.

Ata pronto!

 

 

 

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.