(2013-2014) O máis destacable do mes de maio na aula de Infantil 1
Temos que contarvos todo o acontecido en maio.
Fixeramos unha entrada anterior contando cómo celebramos as Letras Galegas este ano e os maios así como a saída ao Parque arqueolóxico de arte rupestre de Campo Lameiro.
Ademáis da visita dos nenos e nenas da Galiña Azul de 2 a 3 anos, futuros alumnos do cole.
Este mes tamén puidemos facer unha saída a Pontevedra, para ver unha obra de teatro "Lume", no centro cultural de Nova Galicia. Unha obra sobre o medio ambiente e na que utilizaban os seus creadores todo tipo de materiais de refugallo para facer os decorados e as persoaxes.
Como o día estivo chuvioso, tivemos que voltar ao cole ao rematar unha vez merendamos e non puidemos pasear por Pontevedra ou ir ao parque.
Neste mes, coma sempre seguimos a participar en todo tipo de propostas orais, xogos, bailes, especialidades..
-Adicamos tempos a xogos e actividades de observación e atención, fixándonos ben nunha serie de obxectos ou fotografías dadas pola profe, que despois varían e atopar as que faltan ou as diferencias.
Noutras ocasións o fixemos con nós mesmos e nos resultou moi divertido.
Mirade e observade a ver se atopades as diferencias....
Os nosos compañeir@s primeiro (escena de arriba) se colocaban cunha postura determinada así como con obxectos e prendas de roupa no corpo e nun segundo momento, despois de observalos detidamente e tapar todos os ollos, cambiaban tanto a súa postura como prendas e obxectos (escena de abaixo)e tiñamos que atopar todas as diferencias.
-Xogamos nos distintos recantos e cos diversos materiais, imaxinando e creando.
-Escribimos e xogamos coas letras. Neste caso temos láminas plastificadas cos nomes dos nenos de clase, en letra minúscula e de cando en vez practicamos con elas podemos escribir sempre que queiramos pois se poden borrar.
-Contribuímos á realización da revista escolar "O cervo", facendo un traballo por equipos que trataba sobre a visita ao Parque Arqueolóxico, en forma de "recomendación".
-Levamos, por última vez a Quique a casa, está vez Álvaro foi o encargado de telo uns días e coidar del.
- E por suposto, continuamos a facer traballo en equipo, realizando unha avaliación final, na que progresivamente nos amosamos máis autónomos para chegar a conclusións con todos os membros sobre o que fallou e como melloralo.
Neste equipo me parece que aínda teñen que mellorar varios aspectos....non vos durmades!!
-Tamén houbo momentos de participar en actividades interaulas, non só cos nosos compañeir@s de Infantil senón tamén coas aulas de primaria.
A clase de 2º visitounos para contarnos un conto cun franelograma e os debuxos dos protagonistas debuxados polos nenos así como recitar unha poesía.
Estivemos moi moi atentos...
Ademáis participamos noutra proposta cos nen@s de 6º curso onde a literatura e a cociña fundíanse con arte chegando a uns productos finais maravillosos.
En breve volos amosamos!!!