(2013-2014) Celebrámo-los cumpreanos de maio
No mes de maio tivemos de cumpreanos á nosa compañeira YAIZA de Infantil 2.
Yaiza escolleu do libro de receitas, a tarta de galletas así que trouxo de casa todo o necesario para a festa.
Como era ela soa a homenaxeada, tivo en todo momento axudantes que se ofreceron voluntarios para facer a receita.
Xa molladas as galletas en leite, había que extender as natillas de vainilla sobre a primeira capa.
E ó rematar, cubrila con chocolate fundido e decorala con lacasitos e froita, neste caso prátano.
Ó día seguinte, Yaiza soprou as 6 candeas e celebramos a festa como sempre facemos, con moitas cousas ricas e sobre todo con moita ledicia!!
Nesta ocasións foron moitos os que quixeron repetir e Yaiza tiña que contar e recontar para que o que quedaba o repartíramos ben.
Xa estamos desexando que chegue pronto o próximo cumpre!!