(2013-2014) Continuamos a investigar sobre os petroglifos e comezamos a preparar o noso museo
(2013-2014) Iniciamos o noso proxecto de investigación sobre os Petroglifos
(2013-2014) Investigamos sobre os petroglifos: visita ó Parque Arqueolóxico
Continuamos a dar resposta ás preguntas que tiñamos plantexadas sobre os petroglifos no noso proxecto, co obxectivo final de poder facer unha exposición de petroglifos contando diferentes aspectos sobre os mesmos.
Durante as pasadas semanas así evolucionou a nosa investigación.
COLABORAMOS NA ELABORACIÓN DO MURAL ANUNCIADOR DA ENTRADA:
Na entrada do centro, entre tódolos compañeiros do centro, que están tamén a investigar outros asepctos sobre a prehistoria, elaboramos un mural anunciador. Démonos conta de seguido de que se trataba da "evolución dos homínidos" que xa descubriramos na nosa anterior investigación sobre "como se fixo o mundo".
A Infantil tocoulle elaborar o "homo Neandertal" que coloreamos e puxemos no mural da evolución humana.
Marcos contoulle ós compañeiros e compañeiras da outra aula o que descubriramos na pasada investigación: quenes eran os homínidose como chegaron a convertirse nos humanos acutais, coma nós.
Xunto os compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil elaboramos un cartel co nome do "noso homínido"...
... e tamén o que estabamos a investigar en infantil nun bocadillo de comic.
E asi quedou o nos "neandertal" na evolución humana do colexio, xunto os homínidos dos restantes cursos, onde se indicaba que investigación estaban a levar a cabo.
QUEN FIXO OS PETROGLIFOS?
Unha das preguntas que tiñamos anotadas no noso mural da investigación, e que era necesaria para poder facer unha exposición de pretroglifos, era saber quen os fixo.
Ademáis de todo o que nos contaron na nosa visita ó Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, descubrimos nun vídeo como se levou a cabo evolución dos homínidos. Nel descubrimos os mesmos nomes de homínidos que había no noso mural da entrada, e alí descubrimos que os homínidos os comezaron a facer.
Fomos anotando no noso mural tódalas cousas que facían os homínidos. Repartimos o traballo entre os catro equipos, cada un deles encargouse de buscar no ordenador unha imaxe dos descubrimentos dos homínidos.
Tamén escribimos no ordenador un texto explicándoo. Empregamos un procesador online adaptado para nenos chamado "ESCRÍBEME", moi doado de empregar. Podes atopalo na web www.recursoseducativos.net, no apartado de xogos do recanto de infantil desta web ou directamente desde aquí.
Para imprimilo, recortalo e pegalo no mural xunto á imaxe.
Así quedou contemplado no noso mural.
Pero sabiamos, da nosa visita o Parque Arqueolóxico, que non todos podían facer petroglifos. Para contar que había diferentes "ocupacións" e se podían ou non facer petroglifos, anotamos nun listado: AGRICULTORES, XEFE, CURANDEIRO E CAZADORES.
Cada equipo tivo nesta ocasión que ler as instruccións que se correspondían a súa parte de traballo.
Buscaron unha imaxe do traballo que lles correspondía, segundo o indicado no listado.
Para pegalo no mural xunto a un debuxo que tamén elaboraron. Finalmente ó lado do nome de cada "oficio" escribiron "SI" ou "NON" para indicar se podían facer petroglifos ou non.
Por suposto trasladamos esta información ó noso dossier da investigación.
FACEMOS UNHA RECOMENDACIÓN PARA A REVISTA ESCOLAR "O CERVO"
Gustounos tanto a visita ó Parque Arquelóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, que decidimos facer para a revista escolar "O Cervo", unhas páxinas de recomendación, onde contar todo o que podes ver se o vas visitar.
Os equipos da nosa aula, xunto os da outra aula de infantil, fomos elaborando as diferentes páxinas da nosa "recomendación".
Buscamos as imaxes, mapas, datos... todo o que precisabamos para elaborar os nosos artigos de opinión empregando diferentes medios.
E así quedou a nosa recomendación, que poderedes ver na revista "O cervo" que levaredes para as vosas casas ó finalizar este curso... ata entón podes ver as nosas páxinas na seguinte ligazón.
PARA QUE FACÍAN OS PETROGLIFOS?
Outra das preguntas que tiñamos pendientes no noso mural era saber PARA QUE SERVÍAN. Da información que tiñamos na aula e da visita ó parque arquelóxico descubrimos que había diferentes teorías do que significaban e para que os facían.
Como íamos necesitar esa información para a osa exposición de petroglifos decidimos organizar tódolos que tiñamos na nosa aula segundo o que querían contar.
O equipo SUAIPER encargouse de pegar e escribir en follas de cor amarela os petroglifos que representaban figuras humanas: que empregaban para contar historias.
O equipo RENO recopilou entre a información, para pegar nas súas follas de cor laranxa, os petroglifos que representaban figuras xeométricas: que empregaban para representar os poboados, os ríos, as estrelas...
O equipo LEÓN xuntou petroglifos que se empregaban para COMUNICARSE, posto que aínda non tiñan escritura. Tentamos descifrar que quererían contarnos con esas liñas e puntos.
Finalmente o equipo GATO, nas súas follas de cor verde, pegou e describiu petroglifos que representaban animais: que empregaban para buscar a boa sorte na caza ou contar historias de caza.
Durante esa investigación descubrimos que o fondo de escritorio do noso ordenador TAMÉN ERA UN PETROGLIFO con forma de animal... levaba ahí todo o tempo e nunca nos fixaramos nel ;)
E así quedou na nosa investigación a clasificación de petroglifos segundo o seu significado... ou cando menos o que nos cremos que poden significar.
PREPARANDO A NOSA EXPOSICIÓN: CREANDO OS PETROGLIFOS
Como xa vos contamos, o obxectivo final da nosa investigación era facer unha exposición sobre pretroglifos no colexio, dentro dun gran museo sobre a prehistoria que iamos facer entre tódolos nenos e nenas do centro.
Estivemos falando sobre que era e había nun museo, para saber como debería ser a nosa exposición. Buscamos imaxes no ordenador, visionamos vídeos e lembramos como era o museo que visitamos no Parque Arqueolóxico.
Finalmente escribimos un listado de todo que debería ter o noso museo.
Acordamos que un dos elementos que tiña que haber eran "estatuas de petroglifos", xa que non podiamos facer petroglifos de verdade porque estaban feitos de pedra. Despois de falar un anaco lembramos que Laura trouxera un petroglifo feito de masa branca... ese material si podería servirnos.
Tiñamos unha chea de paquetes... cantos petroglifos poderiamos facer con tantos paquetes?
Agora que xa sabiamos o material que iamos empregar, quedaba aínda outra dúbida, que ademáis era unha das preguntas que tiñamos no noso mural:
Como facían os petroglifos?
Atopamos no noso recanto da investigación unhas fotocopias que parecían explicar como se facían, porque ademáis tiñan un debuxo duns homes facendo un nunha rocha...
Como era moito texto o profe foi lendo o que poñía e, cando aparecía un dato que tiña que ver coa nosa pregunta, dicíamoslle que parase e a EVA, que era ese día a encargada que o anotase nun papel.
Cando rematamos de ler o texto tiñamos anotado o seguinte:
- ESTÁN FEITOS DE PEDRA
- CHOCABAN UNHAS PEDRAS CONTRA OUTRAS
- USABAN COUSAS QUE TIVESEN PUNTA
- RASCABAN FORTE CON PEDRAS MOI DURAS.
Así pois, xa tiñamos resposta a nosa pregunta... precisabamos obxectos con punta para facer os nosos petroglifos.
Buscamos no patio do colexio obxectos que tivesen punta, para facer os nosos petroglifos prehistóricos.
E xuntamos todo isto... serviría todo o que atopamos?... habería que probar na realidade se as nosas ideas funcionaban ou non.
Tiñamos tamén que decidir que petroglifos iamos representar... decidimos que a nosa aula representaría 7 e outros sete serían para os compañeiros de infantil 1, ademáis serían petroglifos de todo mundo. Así que o primeiro foi localizar o que lle correspondía a cada un dos equipos no noso mapa.
Co traballo xa organizado, cada equipo comezou por elaborar o petroglifo que elexira ó comezo da investigación, empregando os materiais que escollera.
Algúns resultaron máis útiles que outros....
E algúns petroglifos moito máis difíciles de representar que outros.
Xunto os petroglifos tamén fixemos uns pequenos "selos"... que non podemos contarvos para que sevirán porque é aínda unha sorpresa.
Un a un fomos elaboran os sete petroglifos, cos seus respectivos selos.... agora había que deixalos secar.
PREPARANDO A EXPOSICIÓN: COMEZAMOS A ELABORAR OS PANEIS DE INFORMACIÓN.
Cos nosos petroglifos xa feitos, pensamos que cada un deles debería ter un cartel explicativo, tal como miraramos nos vídeos e imaxes dos museos.
Localizamos no ordenador, imprimimos e pegamos unha fotografía do noso petroglifo no cartel de cada equipo, xunto o nome do noso petroglifo.
Cando "descubrimos" como se chamaban os nosos petroglifos... algúns nomes eran moi complicados, menos mal que cada equipo tan só tivo que "ler" o nome do seu petroglifo nun listado.
Pegamos tamén un mapa, onde localizamos mirando no noso mapa da clase, onde se atopaba o petroglifo do noso equipo e, por suposto tamén escribimos o nome do país no que se atopaba.
Aínda nos queda por engadir algunha información ós nosos paneis... pero xa o iremos contando en futuras entradas.
AVALIAMOS O NOSO TRABALLO EN EQUIPO:
Tras cada un dos traballos con equipos cooperativos avaliamos o funcionamento do noso equipo, empregando un panel de auto-avaliación figuroanalóxica, dialogando e chegando a un acordo de como valorar o traballo.
E tamén que tal o fixo o encargado de material ese día, no caderno do encargado.
DEBUXANDO PETROGLIFOS:
Representamos os nosos pretroglifos con témpera, cada quen escolleu de todos os que tiñamos cal ía representar.
E cunha única cor, que escolleu cada equipo de forma acordada, tentamos debuxalos.... empregaremos estes debuxos como portadas do noso dossier.
Como vedes, xa temos moito traballo adiantado, pero aínda nos queda para rematar... se queres descubrilo permanece atento ás futuras entradas que iremos publicando.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
triptico_paar.pdf | 792.73 KB |