(2013-2014) Durante o mes de maio...
Durante o xa pasado mes de maio os nenos e nenas da nosa aula participamos en dúas actividades relacionadas coa celebración das Letras Galegas, este ano adicadas a Xosé María Díaz Castro.
- Unha delas realizada dende o centro, na que ao igual que o resto do alumnado: axudamos a preparar o maio, fixemos as nosas coplas para cantarlle, ensaiamos en música o himno galego coas nosas frautas e xilófonos e escribimos nun gran panel unha das estrofas escritas por o autor homenaxeado para formar parte dun poema de poemas para ler no día da celebración.
Así de rupestre decidiron os nenos e nenas de infantil poñerlle os colares de margaridas ao maio!
- A outra actividade tivo lugar na biblioteca pública de Campo Lameiro.
Alí fomos o alumnado do terceiro ciclo a participar nun taller no que preparamos un traballo plástico con recortes dun dos poemas máis coñecidos e traducidos deste autor que se titula "Esmeralda".
A contacontos Arraitz leunos o poema en vasco...
...á vez que Daniel íaonolo lendo en galego .
Tamén tiñamos o poema en moitas outras linguas: grego, inglés, portugués, árabe, francés, castelán,...
Cada un collemos un destes folios, e recortando os textos como queriamos empezamos a darlle forma a nosa paisaxe Esmeralda...e cor!
Xa case listos, algún aproveitou para retirar algún libro. Así Jose levou un dos Megatoxos escritor por Xavier Fariña, co que fixeramos tamén un taller de contos na nosa visita ao Salón do Libro.
Así de chulas quedaron as nosas obras pictórico-poetas!