(2013-2014) Coñeces os nosos equipos cooperativos?
Na nosa aula temos catro equipos cooperativos, que de seguro atoparás nas diferentes tarefas que vos imos contando neste blog.
Cada un deles tivo que organizarse e poñerse dacordo para decidir o seu nome de equipo, podía ser calquera sempre e cando a decisión fose tomada de forma conxunta e coa aportación de tódolos integrantes do mesmo.
Estes son os equipos cooperativos que temos na nosa aula:
O EQUIPO SUAIPER:
O EQUIPO RENO:
O EQUIPO LEÓN:
E O EQUIPO GATO
Aquí podes ver a este equipo deseñando o seu "escudo", para incluilo no panel de autoavaliación de funcionamento dos equipos.
Deste xeito tras cada tarefa que fagamos con equipos cooperativos, cada equipo ten que "avaliar" en que grao acadaron os catro aspectos a valorar:
- traballamos todos xuntos
- falamos para poñernos dacordo
- recollemos o material
- rematamos a tempo
E así quedan os nosos paneis de autoavaliación tras cada tarefa, nese momento cada equipo, coa axuda do profe, ten que reflexionar sobre o resultado da súa autoavaliación:
- por que non puxemos a cara contenta en determinado aspecto?
- que credes que tería que cambiar no equipo para conseguila a próxima vez?
- que pode aportar cada un dos integrantes para mellorar este aspecto?
- por que credes que os outros equipos si o acadaron? podemos preguntarlles como o fixeron?
Cada equipo posúe tamén o seu "caderno do encargado de material", quen por decisión de cada equipo e de forma rotatoria, ten unha serie de responsabilidades dentro do equipo. O equipo avalía do mesmo xeito o traballo do encargado de material nesa xornada, sacando conclusións e aportando propostas de mellora para vindeiras ocasións.
Desde agora cando nos vexas traballar con equipos cooperativos en diferentes tarefas, como os proxectos de traballo, xa sabes quenes somos e como nos organizamos para conseguir o obxectivo plantexado en cada caso.