(2013-2014) Celebramos os cumpreanos de abril
O pasado martes 28 de abril, como remataba o mes, os compañeiros que estiveran de cumpreanos se reuniron para decidir que postre farían.
Nesta ocasión tocoulle o turno a GUILLERMO e DIEGO de Infantil 1 e da aula de Infantil 2.....pois ao profe OSCAR!
Elixiron as trufas de chocolate, con formas diferetes, así que unha vez reunidos os ingredientes, que eles mesmos trouxeron da casa, se puxeron mans á obra.
O primeiro paso foi abrir e desfacer os sobados, para o cal perdiron axuda a algúns compañeiros e así rematar antes.
Despois de mezclar con azucre, cacao e un chisquiño de leite, había que xuntalo todo moi ben ata darlle consistencia.
E logo cos moldes con distintas formas, ir facendo as trufas individuais, que o día seguinte nos comeríamos todos.
Xa feitas, gardáronse no frigorífico para estar ben fresquiñas o mércorES.
E ó día seguinte, despois de cantarlles e felicitalos e cando os compañeiros e o profe sopraron as candeas, comezou a "degustación", xunto cos gusaniños, as patatiñas e o zume.
Quén será o próximo homenaxeado??
xa vos informaremos!