(2013-2014) Algunhas propostas cooperativas
Antes de finalizar o trimestre formamos novos equipos que permanecerán fixos ó longo do terceiro trimestre.
Equipos cos que se traballarán diferentes propostas cooperativas así como para desenvolver actividades do día a día.
Os compoñentes de cada equipo adicaron un ratiño a facer os seus nomes en plastilina,
que encuadraron nun folio A3 e logo fotografiaron. Estes son os equipos:
Noutra sesión, os membros de cada equipo se reuniron para falar e decidir qué nome lles gustaría que tivera o seu "grupo". Tiñan que escribilo e debuxalo.
"os soldados"
"el lobo y los enanitos de Rayo Mckeen"
"el equipo del fuego"
"las marionetas"
A raíz desta proposta, ó finalizar nos reunimos para contar aos demais os nosos nomes de equipo, e ademáis avaliamos conxuntamente aspectos como: falamos todos os compoñentes, todos participamos dalgún xeito, recollimos o material ó rematar e demos rematado a proposta nun período de tempo apropiado ou estipulado se fose así.
Actividade cooperativa no pabellón:
Noutra xornada que tiñamos psicomotricidade no pabellón, na primeira parte da sesión, a profe propúxonos que cada equipo pensase ou inventase un pequeno circuito para os demais.
Con papel e lápiz empregamos uns minutos para anotar qué material necesitaríamos e darllo a profe, que nolo facilitaría.
Unha vez acadado o material, entre todos os membros decidían cómo colocalo formando un circuito e qué movementos ou accións realizar con cada un.
E llo explicaban aos compañeiros para que o puidesen facer axeitadamente.
"saltar de aro en aro, atravesar a colchoneta de pé, montar en moto ata ó final da recta, regresar conducindo un coche e ao chegar á colchoneta lanzar o balón á portería para meter un gol".
"conducir a moto dende a zona das gradas ata a colchoneta, alí lanzar un balón o máis lonxe posible, saltar os aros e un ladrillo e volver onde deixamos a moto, conducila en zig zag entre os aros, dar unha volta arredor do banco e voltar ó lugar de inicio".
Nesta sesión non deu máis tempo que a dous circuitos así que na próxima levaremos a cabo os outros dous.
Creación dunha historia a partir dunha composición individual con regletas:
Esta actividade a levamos a cabo ó longo de unha semana, en determinadas sesións da xornada.
O inicio foi un momento de asemblea no que cada compañeiro tiña que describir os atributos ou características de varias regletas e algún bloque lóxico que a profe lle daba ao azar.
Verbalizamos cor, forma, tamaño, cál é a regleta máis longa, cál máis curta, cántas temos.....
A continuación individualmente cada quen tiña que crear algo nun par de minutos con esas regletas e bloques que describira.
A profe fotografiounas despois de que contáramos aos demáis qué fixéramos cada un.
Xa coa fotografía da nosa creación, a representábamos nun folio debuxándoa e tratando de achegarnos moito á realidade.
A partir de aquí o traballo cooperativo:
Sesión 1- xuntar cada equipo as súas composicións para crear unha historia con eses elementos.
Sesión 2- escribir a historia pensada, sempre participando todos os membros.
Sesión 3-Pensar, decidir e facer unha serie con gomets con 3 características distintas, coa que faríamos o marco dun folio A3.
Sesión 4- Ilustrar a historia nese folio A3.
Sesión 5- De maneira conxunta, cada equipo contou ao resto a súa historia e cómo traballaron.
"bob esponja", "torre", "bruxa boa", "chimenea que bota lume"
"Érase una vez una bruja piruja que iba caminando por el bosque y se encontró una casa pero se confundió y era una chimenea que echaba mucho humo y se quemó. Se metió en el río y allí había una torre y se subió a ella pero la torre estaba torcida y se volvió a caer. Allí estaba Bob Esponja y la ayudó a salir y la bruja lo llevó a su casa y le regaló una red nueva de pescar. Fin".
"casa abandonada", "trineo", "chico".
"Había una vez una casa abandonada y la encontraron unos niños y la usaron para guardar sus instrumentos.
En la casa había un trineo que era mágico y se convertía en lo que quisieras. Era de un chico llamado Fran, que llegó a la casa y el trineo se convirtió en un escenario y tocaron todos juntos un rock ann roll. Fin".
"robot", "bruxa buena", "tienda de campaña", "máquina de hacer maderas".
"Era unha vez unha bruxa buena que vivía nunha tienda de campaña. A bruxa quería descansar porque viña de montar na montaña rusa. Atopouse cun robot e invitouno a ir á súa casa. Alí tomaron un té e a bruxa que tiña na casa unha máquina de facer tablas de madeira, fixo un banco e sentaron nel a mirar as estrelas. Fin".
"dinosaurio2, "máquina de lanzar cosas", "máquina de hacer avispas de metal".
"Era un dinosaurio que iba caminando por un bosque y se encontró una máquina de hacer avispas de metal. Las metió en su máquina de lanzar cosas que tenía en casa y se las lanzó a unos piratas malvados y brujas que le molestaban siempre y desde entonces se marcharon y ya no le volvieron a molestar y vivió feliz. Fin".
E isto é todo polo momento, pero seguiremos a participaren máis propostas cooperativas e ademáis afondaremos na autoavaliación propia para tratar de comprender o noso papel no equipo e mellorar na nosa colaboración.