(2013-2014) Proxecto dos cans
Xa hai un tempo que demos por rematado este proxecto e nos quedou algunha cousiña por contar, que fixemos en torno a él.
Coma sempre facemos, participamos en propostas de creación con material de refugallo.
Neste caso cada equipo tiña que crear un can, falando primero de cómo facelo, e tratando de aportar todos na creación.
Houbo un equipo que nun primeiro momento non conseguiu poñerse dacordo, e non falaban para acordar nada co cal tiveron que volver a tentalo noutra ocasión, cando o tempo rematou e non acadaron o obxectivo final.
finalmente conseguiron chegar a acordos e facer algo en común. Aínda que non temos a fotografía final xa que saíu mal enfocada.
Na semana que pintamos con témpera, adicamos unha folla do noso block aos cans
Escenificamos ou dramatizamos diferentes situacións relacionadas coas cans e a súa utiliadade para os humanos. Ademáis do realizado no pabellón, na nosa aula xogamos ao can pastor que tiña que manter ao rebaño unido
ao can lazarillo, que guiaba a unha persoa cega, para o cal camiñábamos cos ollos vendados.
Seguimos traballando en diferentes agrupamentos para traducir no código escrito algúns aspectos descubertos por diferentes fontes.
para finalmente rematar o noso mural do proxecto e colocalo no corredoiro, como fonte informativa para o resto de compoñentes do centro e para as familias.
Así, unha mañá, despois de que eles nos contaran cousas do seu proxecto, adicamos un ratiño para contarlles todas as cousas interesantes que averiguáramos.
Toda a información descuberta a plasmamos coma sempre facemos, nun dossier individual que levamos cos nosos traballos ó finalizar o trimestre, no que respondíamos ás preguntas e contábamos algunha cousiña máis, relacionando estes traballos con contidos curriculares.
Agora hai tempo que estamos afondando noutro proxecto de investigación..vos informaremos pronto!