(2013-2014) No mes de marzo sucedeu tamén todo isto
Ó longo deste mes de marzo, ademais de rematar a nosa investigación sobre o Mundo e de levar a cabo outras moitas tarefas, que podedes ver nas respectivas entradas deste blog, tamén sucedeu todo isto:
CONTINUARON AS VIAXES DE ZOE:
Como xa vos fomos contando en entradas anteriores Zoe está viaxando polas nosas casas, para completar o seu libro de viaxes.
Ó longo deste mes MARCOS contounos e ensinounos as fotografías do ben que o pasou con ela a semana que estivo na súa casa.
DAVID, o seguinte en levar a ZOE unha semana para a súa casa.
Tamén nos ensinou e contou o ben que o pasou con ela.
Logo toucoulle o turno a LAURA, quen despois dunha semana chegou contándonos unha chea de novas.
Laura deulle o relevo a EVA, quen tamén o pasou de medo con ZOE... ata foi á piscina.
Antes de rematar o mes chegoulle o turno a TIAGO. Que nos contará cando volte ZOE da súa casa?... xa volo contaremos nuha próxima entrada do blog.
PREPARAMOS A VISITA Ó SALÓN DO LIBRO:
Despois de preparar o noso traballo para o salón do libro (que vos contamos anteriormente nesta entrada) chegou o momento de preparar a que sería a nosa visita ás actividades organizadas en Pontevedra (podes ver a entrada publicada sobre esta viaxe aquí.
O primeiro foi ir anotándose nun listado a medida e iamos traendo a autorización para asistir, así cada día podíamos contar cantos faltaban por traela. Tamén anotamos a cantidade de "euros que traíamos" escribindo o seu número.
Exploramos as moedas, observando os seus números e fando "sumas" para calcular cantos cartos xuntaramos.
Tamén atopamos nun xornal que había moitas páxinas adicadas ó Salón do libro, alí contaba todo o iamos poder ver na nosa visita a Pontevedra.
Escribimos a data e lugar da viaxe para que non se nos esquecese o día que iamos visitar ó Lobo ORBIL.
Xa á volta da viaxe elaboramos unha secuencia contando, en orde cronolóxica, todo o que fixeramos na nosa visita.
UN REGALO PARA O DÍA DO PAI:
Unha das datas que tiñamos anotadas no calendario da nosa aula era o "día do pai", ese día levaríamos un regalo para os nosos país e avós.
Faríamos un calendario feito con "collage" de revistas, cada quen escolleu unha cartolina da cor que quería e foi recortando e pegando anacos de revistas nela de forma creativa.
Pegámoslle o calendario en cada un dos lados e botámoslle Alkil para que quedase brillante.
Así de chulos quedaron os nosos calendarios xa rematados.
Tan só nos quedaba escribirlle unha nota ós nosos pais para engadirlla ó calendario.
Tamén preparamos o papel de regalo que iamos empregar, entre todos dividimos un enorme papel en tantos anacos como regalos tiñamos feitos.
Con selos de persoaxes de Disney fomos estampando para crear o papel de regalo de cada quen, tan só había que recortalo polas liñas...
...e meter o regalo dentro do paquete. Tan só había que facerlle un debuxo para pegar na parte de fora
NOVAS EXPOSICIÓNS NO MUSEO DA NOSA AULA:
O museo da nosa aula continuou a amosar diferentes exposicións pictóricas. A primieira delas foi unha colección de cadros onde tiñamos que representar "parellas" de obxectos.
Así quedou a exposición de parellas e pares.
Noutra das exposicións fixemos cadros baseados en círculos concéntricos.
Aquí podes ver como quedaron os cadros onde os círculos se ían facendo máis grandes pero sen chegar a tocarse nunca entre eles.
SEGUEN A CHEGAR NOVAS DA CASA:
Continuamos a traer novas da nosa casa, contándollas ós compañeiros e compañeiras cando chegaban ó colexio.
Fómolas pegando, xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula, no mural das novas que temos no corredor.
Foron noticias moi interesantes... e aínda nos quedan varias por chegar.
CONTINUAMOS A LER LIBROS XUNTOS:
Cada venres, xuntámonos cos compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil, para ler libros xuntos por parellas... cada vez respectamos as normas desta actividade moito mellor :)
FIXEMOS UNHA NOVA NORMA PARA O PATIO:
Escribimos tamén unha importante norma para poñer o patio da escola, despois de que xurdira un "problema" á volta dun recreo.
Pendurámola no patio e agora todos e todas poden ler esta importante norma.
DARÍAN CHEGADO OS ANIMAIS Á LUA?
Continuamos acompañando a viaxe dos animais do conto "A que sabe a lúa" (que vos contamos nesta entrada anterior), neste mes a xirafa xuntouse ós outros animais.
Pero aínda con ela non deron chegado ata ela... teremos que seguir engadindo novos animais.
SEGUIMOS A COMPLETAR O MURO DAS PALABRAS:
Os nosos diccionarios están a punto de rematarse por este curso... gracias ó muro das palabras que cada semana imos enchendo cunha chea de termos novos.
PREPARAMOS O BOLETÍN "AS NOVAS DA ESCOLA":
Como cada fin de trimestre preparamos o noso boletín de auto-avaliación onde contamos ás nosas familias todo o que fixemos ó longo destes meses.