(2013-2014) Celebrámo-los cumpreanos do mes de febreiro facendo pizzas.
Para celebrar os cumpreanos do mes de febreiro, decidimos facer pizzas en lugar dunha tarta, xa que os compañeiros de E.I.2 estaban a traballar coas pizzas para o noso traballo do salón do libro.
Nesta ocasión íamos face-las pizzas o mesmo día que celebrabamos os cumpreanos de EVA, JOAQUÍN, ALBERTO, XIAN E DANIELA.
Os homenaxeados encargaronse de ir a buscar os ingredientes, que estaban no frigorífico desde que os trouxeramos das nosas casas.
Organizámonos por equipos compostos por nenos e nenas de ámbalas dúas aulas, cada equipo faría unha pizza cos ingredientes que tiñamos sobre as nosas mesas:
- unha base de pizza
- tomate fritido
- xamón cocido
- queixo raiado
- aceitunas
Primeiro puxemos un pouco de tomate fritido sobre a base da pizza.
Enriba botamos un pouco de queixo raiado.
Como sobrou queixo puidemos comer o resto ;) estaba boísimo.
Cortámo-lo xamón cocido en anaquiños cun coitelo de prástico, e botámolos tamén na nosa pizza.
Por último cortamos as aceitunas para poder poñelas na nosa pizza.
Así quedaron as nosas pizzas, tan só faltaba metelas no forno para cociñalas.
Pero antes había que botarlle un pouco de orégano en cada unha delas. A profe ÁNGELA encargouse de facelo.
O profe ÓSCAR foi metendo cada unha das pizzas no forno, e tivemos que agardar un anaco ata que se foran cociñando.
Coas primeiras pizzas que foron saíndo do fornO, os homenaxeados foron soprando as candeas.
E por suposto tamén lles cantamos as cancións de "cumpleanos feliz" e "parabéns para ti".
A pizza estaba tan boa que case todos quixemos repetir.
Eso si, tivemos que agardar para comer o noso anaco porque estaba un pouco quente porque saira do forno.
Cando rematamos de comera as pizzas, fixemos unha pequena festa con patacas fritidas, gusanitos e zume, como cada mes.
Agora tan só temos que agardar ata que remate o mes de marzo para voltar a ter unha celebración de cumpreanos.