(2013-2014) Preparando o noso traballo para participar no Salón do Libro
Un curso máis na nosa aula imos a participar no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Para elo temos que preparar un traballo sobre o tema deste ano que desta vez é...
Apetitossssso!
Desta vez decidimos traballar "as recetas", mais dun xeito un pouco especial, coma a ocasión o merece!
Cociñaremos cadros de pintores famosos, en concreto bodegóns.
Xa que pouco, ou máis ben nada, sabiamos sobre o tema, comezamos preguntándonos o que sabiamos sobre o que era "bodegón". Veredes o que saiu ...
Despois dunhas pequenas pistas para centralos un pouco no tema, decidiron que querían atoparlle resposta ás seguintes preguntas...
Repartímonos o traballo e... mans á obra. Gracias ao diccionario, algunhas fotocopias con información sobre o tema, fotos que algún trouxo de cadros da súa casa, traballos de plástica feitos en cursos anteriores e , sobre todo, aos ultraportátiles, deseguida comezaron a aparecer as primeiras respostas.
Íamolas anotando en papeis de cores co número da pregunta respostada e pinchándoos no taboleiro.
Para que así os demais compañeiros os puidesen ir anotando no seu dossier onde recollemos cada un de nós toda a información que imos traballando sobre o tema.
Xa ben sabido o que era un bodegón, a mestra repartiunos a cada un cadros nos que pintores famosos pintaran alimentos. (Goya, Velázquez, Frida, Andy, Clara Peters, Botero, "Mercedes Ricoy", ...)
Con eles, e axudados polos cociñeiros e cociñeiras das casas, libros de receitas e un pouco de imaxinación...comezaron a sair as primeiras e saborosas recetas!
Xa correxidas pasámolas a limpo na plantilla coa que formaremos o noso recetario de arte.
Cada unha delas vai acompañada da ilustración dos oito pasos a seguir no seu proceso de cociñado. Posto que ademáis de bos cociñeiros tamén somos bos artistas!
Nos próximos días amosaremos o resultado final do recetario! Polo momento temos posto algunhas das páxinas no taboleiro do noso corredor.
Ademais deste traballo para o Salón do Libro, aproveitamos o tema para traballar outros contidos coma:
-os textos en estilo indirecto: conversando cada un de nós co artista que pintara o seu bodegón.
-a acentuación en interrogativos, ao plantexarnos as cuestións que queriamos resolver.
-a descripción de persoas: neste caso dos nosos pintores e pintoras.
-o debuxo do noso propio bodegón con material escolar.
-a comprensión de textos: dunha lectura sobre un dos artistas traballados, Botero;
-e dunha noticia de prensa sobre o gran cociñeiro español Ferrán Adriá sobre a súa exposición de pinturas dos seus platos de cociña no Drawing Center da Gran Mazá de New York
-a búsqueda de información: cada un tendo que atopar resposta a catro preguntas sobre o seu pintor, coas que cubren unha tabla coa información de todos eles.
- situar nun planisferio a cada un dos pintores e pintoras
-...
Nin nos imaxináramos que un bodegón puidese dar tanto de si!