(2013-2014) Descubrindo a Nelson Mandela polo día da Paz
Como xa vos comentáramos noutra entrada, entre as fotografías que nos trouxeron QUIQUE e ZOE había unha que fora tomada en Sudáfrica, na que aparecía un home chamado NELSON MANDELA.
Estivemos investigando quen era esa persoa e por que era tan importante, fixémolo visionando, ámbalas dúas aulas xuntos, varios vídeos sobre Nelson Mandela (podes ve-los vídeos que empregamos desde aquí)
Descubrimos varios aspectos interesantes sobre a vida de Nelson Mandela:
- Que naceu en QUNU, unha aldea de Sudáfrica
- Que de pequeno lle chamaban MADIBA
- Que protestou para conseguir que os negros e os brancos fosen iguais, durante a APARTHEID.
- Que o meteron no cárcere por defender as súas ideas e que estivo alí durante moito tempo.
- Que foi liberado (polo presidente de Sudáfrica que era branco)
- Que xunto ó presidente de Sudáfrica conseguiu o Premio Nobel da Paz, pola súa defensa da igualdade entre as persoas.
- Que finalmente foi elexido presidente de Sudáfrica
- Que morreu no mes de decembro do ano pasado.
Con todos eses datos preparamos, en ámbalas dúas aulas, uns traballos sobre Nelson Mandela, para conmemorar o "Día da Paz".
O NOSO LIBRO DE MANDELA:
Fixemos unha caricatura da cara de Nelson Mandela empregando unha soa cor.
Os compañeir@s de infantil 1 decidiron debuxar a Mandela de corpo enteiro.
Escribímoslle o seu nome e fomos engadindo ó noso libro os diferentes feitos relevantes na vida de Nelson Mandela ata completalo.
Tan só faltaba escribir na portada do libro "DÍA DA PAZ" e "MADIBA", que era como lle chamaban a Mandela cando era pequeno.
Dentro do libro tamén puxemos as pegadas das nosas mans que os pintamos uns ós outros de marrón e branco, como as cores das persoas polas que mandela loitara para que fosen iguais.
O MURAL DE NELSON MANDELA:
Para que todo o mundo poidese coñecer o que xa sabíamos sobre Nelson Mandela, fixemos un mural para poñer no corredor.
Os compañeiros/as de infantil 1 encargáronse de debuxar a silueta e colorear o corpo de Mandela.
Logo, entre todos, pegámoslle no corpo noticias de feitos relevantes sucedidos durante a vida de Mandela.
Escribimos tamén os feitos máis importantes que fixera na súa vida, así todos e todas poderían coñecelos.
Con letras móviles escribimos o nome de Madela para rematar o noso mural.
Colgámolo no corredor para que estivese ó alcance todos e todas. (fai click no mural para amplialo. Ata os maiores se detiveron a ler o que poñía.
Xuntámonos para comentar e recordar todo o que Mandela fixera en prol da igualdade das persoas.
ASÍ QUEDOU O NOSO LIBRO SOBRE MANDELA:
Así quedou o libro sobre Mandela que levamos para as nosas casas.
CELEBRAMO-LO DÍA PAZ NO COLEXIO:
Ademáis do noso mural sobre Mandela, no corredor tamén había varios traballos sobre a paz que fixeran os compañeiros e compañeiras das outras aulas.
O día da paz, o 30 de xaneiro, visitámolo para comentar o que había posto nel.
Asistimos a unha dramatización sobre a tolerancia, levada a cabo por parte dos nosos compañeiros e compañeiras de primeiro.
Visionamos un fermoso e emotivo vídeo no que saíamos todos e todas dándonos apertas.
Tes máis información sobre a celebración do día Paz aquí.