(2013/2014) Aprendemos a facer unha solicitude
As nenas e nenos de 4º, aproveitamos a clase de lingua castelá para aprender a facer unha solicitude.
Explicamos o significado da palabra "solicitude" e, posteriormente aclaramos dúbidas como: que é unha solicitude?, para que serve?, como se redacta? ou a quen vai dirixida?...
Unha vez solucionadas todas estas cuestións, comezamos o noso traballo e, xa que estamos a traballar cos grupos cooperativos, imos facelo en equipo!
Para comezar, cada un dos grupos ten que buscar un sinónimo da palabra "solicitude". Para elo utilizamos diversas fontes: a rede, os dicionarios...
Xa por fin conseguimos os nosos sinónimos!
Bueno, pois agora chegou o momento de empezar a redactar as nosas solicitudes. O primeiro que temos que facer e decidir, cada un dos grupos, que é o que imos demandar. Para elo pensamos nun problema real do noso centro para requerirlle ao noso director que lle busque solución.
Agora xa sabemos o que queremos pedir, con que fin e a quen vai dirixida a nosa solicitude: ao director!!
O grupo dos "Gladiadores" pensamos nas canastas do patio, non están ben suxeitas e son perigosas...
O grupo dos "Linces galegos" decidimos solicitar que arreglen o tellado do pabillón, cando chove mete auga...
"Os vencedores" pedimos unha cuberta na entrada do cole, cando chove poñémonos a pingar...
E... como non! o grupo dos "Animais" como amantes dos mesmos, acordámonos dos animais... eses cans que nos visitan as veces á hora do recreo e que morren por entrar a saudarnos...
Vale, pois unha vez redactados os nosos requerimentos, chegou o momento de expoñelos ante o director.
Recibiunos no seu despacho e escoitounos con agrado e atención!
Tras manter unha interesante conversa con nós, despediunos prometendo que ía ter moi en conta as nosas demandas e que, pronto teriamos noticias ao respecto.
Chegamos á clase emocionados e contámoslle á profe a nosa experiencia, fantástica!
E... uns días máis tarde, para a nosa sorpresa....
Recibimos unha visita na aula: o director xunto con dous operarios do concello diríxense a nós para concretar detalles e, explicarnos que ían poñerse mans á obra para empezar a solucionar aquelas cuestións que nos inquietaban.
NON PODIAMOS CRELO, ESTABAMOS SENDO ESCOITADOS DE VERDADE!!
Foi fantástico!
Sentímonos realmente IMPORTANTES!!
María Sabarís