(2013-2014) Polo Nadal no sexto curso...
Durante o mes de Decembro, na aula de 6º, andivemos a preparar cos nosos mestres algúns traballos, manualidades, bailes, ... para poder celebrar unha das nosas festas preferidas: O NADAL
Así...
- axudamos a decorar a entrada do noso colexio : aportando cada un de nós un cd decorado para formar, xunto con todos os demais dos outros cursos unha gran árbore de nadal. Ao final quedou así de bonita...
-Preparamos tamén na aula a decoración da nosa Porta de Nadal, como cada clase do colexio, tendo que empregar nela material de refugallo. Despois de preparar en parellas varios bocetos de como pensabamos que quedaría mellor eleximos o de María e Daniel Camiña. Ademais dunha árbore decorada con bolas con cartóns de leite ou o felpudo de entrada,...
...incluimos nela fotos de algúns de nós que nos trouxeran bos recordos; así, como exemplo, Antía trouxo unha co seu irmán pequeno no colo e outra vestida de Virxe María no Belén vivinte, Jose un día na neve ou Dani cunha foca no circo)
Podedes disfrutar de todas as do colexio no seguinte enlace: Portas de Nadal
- Cada un de nós na clase de plástica, fixemos un adorno navideño para pendurar no pomo da porta dos nosos cuartos.
- E tamén reciclando varios envases de iogur e botellas nos que pegamos papeis de cores decoramos unha das árbores da entrada do centro. Durante este día tivemos a visita e gran axuda de Manoli (mestra en prácticas que estivera con nós durante o pasado curso)
Ao igual que coa mestra de Relixión os aproveitamos para preparar as figuras do Belén. (Imaxes que saen no enlace anterior das Portas de Nadal)
- E xa para o último día preparamos varias actuacións musicais para o Festival de Nadal:
. Entre elas fumos os encargados de facer as presentacións das distintas actuacións, todo elo montado coma se fóxemos presentadores dun telexornal.
. dúas actuacións coa mestra de música cos compañeiros de ciclo
e o baile da canción "Kiss you" do grupo "One direction".
Aquí podedes ver aos catro protagonistas en plena actuación!
(Podedes ver o resumo de todo o festexo no xeguinte enlace...Festival de Nadal)
- Tamén para este último día andivemos preparando cada un de nós o seu agasallo para o seu amigo invisible.
Primeiro fixemos unha pequena merenda navideña na aula coas cousas que trouxeramos da casa e logo fixemos as entregas. Foi moi emocionante!
Tiña que ser algo preparado por eles, a poder ser sen gastar nadiña. Desta vez si que fumos quen de gardar ben o segredo de quen lle tocara a cada un!
Aínda que a algún de nós o "amigo invisible" lle tiña aínda máis sorpresas que entregar polo Nadal. Menuda sorte Alex! Felicidades familia!
Xa para o próximo Nadal só participaremos neste festexo como público.
Que duro ás veces é ter que medrar!!!