(2013-2014) Como se fixo o mundo?... iniciamos o noso primeiro proxecto de traballo e investigación deste curso.
Unhas semanas despois de que comezase o curso, contámoslle os novos compañeiros e compañeiras da aula como faciamos as investigacións en cursos anteriores, para iso ensinámoslles os murais que tiñamos pola aula, os libros-dossier que elaboramos e todo o que había publicado na web así como os vídeos que empregaramos....
De seguido xurdiu o interese por comezar a investigar algo novo... pero sobre que?
ELEXINDO O TEMA:
Chegou o momento de escoller sobre que iamos investigar durante esta primeira parte do curso, para o cal cada un foi propoñendo diferentes ideas, argumentando as razóns de porque consideraba que sería un tema interesante, para ilas escribindo no encerado.
Con tódolos temas no encerado, cada quen escribiu na súa "papeleta de votación" o seu tema favorito.
Marcos que era o encargado ese día, encargouse de ir tentando ler o que poñía cada un dos votos.
Este foi o resultado final da votación... o tema gañador foi "COMO SE FIXO O MUNDO", xa que tiña o número máis alto de votos.
Xa co tema elexido, chegou o momento de ir dando os primeiros pasos.
QUE SABEMOS?
Cada quen foi contándolle ós demáis, e explicándolle, as cousas que sabían sobre "O MUNDO", fómolas anotando no noso mural da investigación.
QUE QUEREMOS SABER?
Posteriormente tivemos que decidir "que cousas non sabiamos e que cousas queriamos descubrir", de entre tódalas preguntas que xurdiron, acordamos investigar estas:
ONDE BUSCAMOS?
Tivemos tamén que pensar e debatir onde buscar a información para atopar a resposta a estas preguntas. Fómolas anotando no noso mural: ORDENADOR, REVISTAS, LIBROS...
PEDIMOS INFORMACIÓN ÁS NOSAS CASAS:
Entre as fontes de información que plantexamos, unha delas era pedir información nas casas, así que decidimos escribir unha nota para comentalo. Despois de escribir entre todos e todas o texto da nota no encerado, fomos transcribíndoa á folla da cor que escolleramos.
Xunto á ela o profe engadiu unha nota "moi longa", que limos e analizamos ata que entendemos todo o que poñía. Nela explicaba o que iamos investigar e como podiamos traer a información.
Para destacar ó máis importante desa nota, buscamos e pintamos nela varias palabras significativas como MUNDO, INVESTIGAR...
CREAMOS O NOSO RECANTO DA INVESTIGACIÓN:
Mentras agardábamos a recibir toda a información que iamos empregar, fomos preparando o noso recanto para a investigación.
O primeiro foi escribir o cartel do recanto da investigación, que nese momento poñía EXIPTO xa que fora a nosa anterior investigación.. Ata os máis pequenos contribuiron na escritura da palabra MUNDO, que acordamos entre todos e todas que era a axeitada.
Por equipos fomos pintando as letras da palabra MUNDO, empregando as tres cores que observabamos na foto do mundo: verde, azul e castaño. Tivemos que organizarnos falando para ver como, entre os compoñentes de cada equipo, iamos pintar a letra que nos tocara: onde pintaría cada un?, de que cor?, como combinariamos as cores?
Con tódalas letras fomos construindo a palabra MUNDO e pegámola no recanto da investigación.
[foto do encabezado do recanto da investigación]
IMOS XUNTANDO INFORMACIÓN:
As notas que enviamos a casa foron dando resultado, e todos e todas fomos traendo información sobre o tema. Ata os máis pequenos, para os que era a súa primeira investigación, se apuntaron a traer información.
Cada nova información que ía chegando era comentada por todos e todas en cada asamblea, para saber que tipo de información estabamos a aportar, e aventurando con que pregunta criamos que a poderiamos empregar.
Ademáis de libros, revistas, follas impresas, debuxos... tamén recibimos información a través do correo electrónico de infantil (infantilcampolameiro@gmail.com), así o fixo TIAGO coa axuda da súa nai, no seu correo o profe leunos o texto e abrimos fotografías e un documento escrito a ordenador, que imprimimos para engadilos no noso muro da investigación.
E por suposto, entre todos e todas, escribimos un correo de resposta á nai de TIAGO agradecéndolle a información. Nel cada quen escribiu o seu nome e tamén adxuntamos unha fotografía de todos nos.
Noutras ocasións, como no caso de DIEGO P., a información chegounos dentro dun "pen drive", onde había fotografías, vídeos e outro material interesante que copiamos no noso ordenador para poder empregala chegado o momento.
Fomos almacenando e organizando toda a información no noso recanto da investigación da aula, que pouco a pouco se ía enchendo de contidos.
Outro tipo de información (como os vídeos e ligazón que trouxemos da casa e que tamén aportou o profe) fómola incluindo no recanto de infantil da web do colexio, no apartado de vídeos, para que logo os puidesemos atopar nos sós no ordenador cando a precisaramos. Alí están xunto ós vídeos de outras investigacións precendentes, tanto da nosa aula como da dos compañeiros/as do lado (infantil 1), que están a investigar sobre os cans, e que vos recomendamos ver no seu recanto.
Podes acceder a estes vídeos desde aquí.
Fomos engadindo no noso mural da investigación as nosas fotos coa información que fomos traendo.
Cada un de nos, debaixo da nosa foto, fomos escribindo o tipo de información que trouxeramos: LIBROS, ORDENADOR, PELI, REVISTA...
COMEZAMOS A INVESTIGAR:
Cando xa tiñamos suficiente información chegou o momento de comenzar a investigar.
Como era a primeira investigación para algúns de nos, decidimos que a primeira pregunta a investigaríamos todos e todas xuntos.
Despois de algo de debate e diálogo acordamos que a primeira pregunta que iamos investigar, para atopar a resposta sería:
Como se fixeron os animais?
Organizámonos en equipos, e cada un deles investigaría esa pregunta nunha fonte de información diferente, chegando a acordos en canto a estratexia a empregar e discriminado aquela información que crían que si daba resposta á pregunta daquela outra que non tiña relación coa mesma.
Coas fotocopias, follas e folletos, os membros do equipo decidiron buscar todos xuntos.
Outros buscaron nos libros, empregando unha estratexia diferente.
Os dous equipos restantes, buscaron no ordenador e nas revistas.
Cando un equipo atopaba unha información que cría que tiña que ver coa pregunta, pedíalle o profe que lla lera (se non eran capaces) para ver se servía como resposta... e se así o consideraban faciamoslle unha fotocopia para ir separándoa do resto. O mesmo sucedía coas fotografías, debuxos, esquemas... que iamos atopando
CADA EQUIPO EXPLICA OS SEUS DESCUBRIMENTOS.
Cando rematamos de buscar, cada equipo foi explicándolle ós demáis que información atoparon e que descubrimentos fixeran sobre "como xurdiron os animais". Por suposto tamen respostaron ás preguntas dos seus compañeiros/as ó respecto.
Descubrimos que a "vida apareceu na auga do mar", que os primeiros seres humanos se "parecían a gorilas" pero que che chamaban "homínidos".
Outro equipo descubriu que os animais primeiro eran dun xeito e co paso do tempo se ían "convertindo" en outros distintos ata ser como son hoxe.
Outro equipo atopou unha especie de "camiño" onde ían ensinando cando apareceu cada animal, e dícía o mesmo que descubrira outro equipo "apareceron no mar", ata chegar ó final, onde había unha persoa.
O equipo que investigou no ordenador contounos que descubrimentos fixeran dentro dun vídeo, que voltamos a mirar todos xuntos, e onde confirmaron os descubrimentos que fixerann os outros equipos.
Tamén confirmaba a data en que os científicos crían que apareceron os animais... fai 4.500.000.000 de anos.
Anotamos a primeira resposta:
A primeira resposta/descubrimento que anotamos todos xuntos no noso mural da investigación, foi cando apareceran os primeiros animais na auga do mar.
Cunha foto dos primeiros animais que apareceron, que perecían medusas, quedou lista a primeira resposta.
Tamén o anotamos no noso dossier individual da investigación. Buscamos a foto no ordenador para imprimila.
E escribimos nunha folla os anos que facía que apareceron os primeiros animais e os anos que facía que apareceramos cada un de nos (coa nosa foto)...
Cantos números había que escribir para poñer os "millóns" de anos!!! e cun só número poñiamos a nosa idade.
Aínda nos queda moito por investigar, pero xa volo iremos contando noutras entradas.