DOCUMENTOS DE INTERÉS PARA ELABORAR O "DOCUMENTO PONTE" PROPOSTO NA CCP
Na pasada reunión da COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA acompañei unha proposta ó equipo directivo do centro para a elaboración do DOCUMENTO PONTE, é dicir, de concreción curricular a nivel de centro establecendo os mapas de relacións curriculares de cara a ter o noso propio instrumento de programación.
Esta é unha das dinámicas propostas tras a finalización de COMBAS A1, e de interesante repercusión no centro unha vez que pasamos esta 1º fase de achegamento ó traballo por CCBB.
A continuación achego dous pequenos pero moi interesantes documentos publicados polo MEC ( hai un 3º máis amplo que non logrei inda descargar da páxina do MEC) que sería interesante ler sobre todo de cara a debatir no claustro da decisión e posta en marcha de iniciar esta proposta.
Aí van:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
guia para a formación sobre CCBB nos centros.pdf | 474.74 KB |
reflexiones CCBB MEC.pdf | 1.86 MB |