ARRANCANDO COMBAS A2
En breve comezaremos coas dinámicas propostas para o COMBAS A2.
Adxunto deixovos o calendario que determina o CFR para COMBAS e que me remite Rexina, a coordinadora ( quizais haxa algúns cambios....xa se irá informando).
Tamén vos deixo un enlace moi interante do canal da UNED con conferencias vinculadas coas KEYCONECT ou competencias clave de Florencio Luengo, poñente nas xornadas do día 21 en Santiago e que pertence ó proxecto Atlántida ( COMBAS Madrid) ....se en algún momento vos apetece consultalas, aí quedan....é moi intersante.
http://canal.uned.es/teleacto/124.html
Os materiais da 1ª das reunións subireinos dentro de uns días dado que, quero seleccionalos ( son densos como sempre....) así como a convocatoria cos obxectivos de traballo e explicación de en que consiste COMBAS A2.
Por outra parte, o día 22 de xaneiro, o CFR de Pontevedra invita a todos os integrantes dos centros que participan en COMBAS á conferencia de Javier M. Valle " AS COMPETENCIAS CLAVE", o cal aconsello dado que é un pracer escoitalo abordando esta temática na que estamos traballando....simplemente, xunto con Florencio, pódese dicir que se trata de dous cum laude na materia.
Seguirei informando..............
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Cronograma_COORDINADORES_ FASE A1_A2 COMBAS Galicia13_14.pdf | 49.3 KB |