(2013-2014) Recollemos elementos da natureza para....
Hoxe, venres,cambiamos a actividade que facemos semanalmente entre as dúas aulas de Infantil de lectura de contos por parellas por outra tamén compartida: saímos ao patio a recoller todo tipo de materiais da natureza.
Para iso, establecimos os equipos, e saímos ao patio cada grupo co seu capacho onde almacenar o que atopásemos.
Esta vez os agrupamentos os fixemos con compañeiros da mesma aula posto que o recollido quedaría gardado para a próxima semana para levar a cabo unha serie de actividades con eses equipos e en diferentes momentos da xornada que os compañeiros de Infantil 2.
Enchemos os capachos con follas, mooitas follas, pedras, paus ou ramiñas das árbores, cortezas de árbore, herba...
e xa na clase, antes de merendar e de lavar ben as mans, lle puxemos a cada capacho unha nota co nome dos compoñentes dese equipo para a próxima semana saber cal era o noso.
Así, deixáronse ver detalles curiosos como:
-Algúns nen@s organizáronse moi ben no espacio, delimitando onde escribir cada un o seu nome.
Outros compañeiros doutro equipo decidiron escribir eles o nome dun compañeiro máis pequeno que todavía non sabe e o fixeron escribindo cada un unha letra de xeito alterno e en color diferente. Eso sí, o dono do nome non perdía detalle non foran a equivocarse....
O que se pretendía con esta proposta era:
- O traballo cooperativo, falando, decidindo, téndose en conta, e colaborando todos para conseguir encher o capacho, e marcalo cos nomes.
-A autonomía, sobre todo dos máis pequenos.
-A recollida de elementos da natureza e valoración dos mesmos como recursos potenciales do ensino-aprendizaxe, que se empregarán (xunto con outros) para diversas actividades (de clasificación, tanteo, artísticas, iniciación á lecto-escritura...).
Ademáis a xornada de hoxe deu para moitas máis actividades marcadas no horario como:
O diccionario- seguimos incluíndo palabras na letra "B"
lingua extranxeira e rexistro de préstamo de libros
así como xogos nos distintos recantos
experimentación con outros elementos da natureza que xa tiñamos na aula
e por suposto para algún contiño e canción e para falar e escoitar.