(2013-2014) Temos novo proxecto de traballo: OS CANS
Estes últimos días decidimos de xeito consensuado cal era o tema sobre o que queremos investigar: OS CANS.
Aínda que a votación estivo moi difícil xa que había outro tema que tamén interesaba a outro grupo de nenos/as: os barcos. Quizais, cando rematemos, poidamos embarcarnos neste outro tema...
O primeiro paso foi deixar rexistradas as ideas previas que tiñamos sobre este tema QUÉ SABEMOS?
A continuación o diálogo xirou en torno ao
QUÉ QUEREMOS SABER?
e por último, pensamos e suxerimos
ÓNDE BUSCAR E ATOPAR INFORMACIÓN?
- Ordenador.
-Tele.
-Revistas.
- Xornais.
-Películas.
-Casa. A familia.
-Enciclopedia.
-Tendas de mascotas.
-Libros.
Escribimos unha nota a casa explicando sobre o novo proxecto para na medida do posible, contar coa colaboración e as achegas das familias na procura dalgunha información.
Polo momento xa temos no noso recanto do proxecto material dabondo para comezar. Gracias familias!
Revistas de cans e todo tipo de fauna.
Información en textos e imaxes sacada do ordenador ou fotocopiada de libros e enciclopedias.
Libros e contos de animais (neste adica unhas cuantas páxinas ás razas de cans e outras curiosidades).
Un compañeiro incluso trouxo tres cans de xoguete que son igualiños aos que ten él na casa (da mesma raza, cal será?).
Unha poesía de Gloria Fuertes e ata carteis.
Toda a información a imos colocando nunhas mesas adicadas ao proxecto
e ademáis temos na estantería da bibliteca uns espazos reservados para os contos de cans, que aínda que non son fonte de información necesariamente senón máis ben de lecer e entretemento, tamén nos aportarán datos e vocabulario.
Seguiremos contándovos.