(2013-2014) E tamén no mes de outubro
Ó longo do mes de outubro, ademais de todo o que vos fomos contando en diferentes entradas, tamén sucedeu todo isto:
Exploramos a nosa creatividade plástica coa témpera:
Tódalas semanas adicamos un tempo a "explorar a nosa creatividade". Durante este mes empregamos a témpera e diferentes tecnicas...
Plasmamos creativamente a realidade debuxando unha praia como aquelas ás que fomos no verán.
Representamos figuras xeométricas tentando imitar o modelo, descubrindo que estratexia era a mellor para acadar que a figura quedase representada do mesmo xeito.
Empregamos obxectos da aula para crear curiosas composicións estampando con témpera negra.
Coas mesmas figuras estampadas, unha vez secas, empregamos diferentes cores para crear novas composicións.
Reproducimos esquemas cromáticos sendo precisos para non "tocar" as liñas doutra cor.
E os máis pequenos continuaron a familiarizarse con diferentes ferramentas da aula, como as tesoiras recortando libremente.
Xogamos cos números e coa lóxica matemática:
Traballamos tamén con diferentes obxectos da aula para descubrir aspectos matemáticos e lóxicos.
Exploramos a adicción e sustración de elementos manipulando bolas de plastilina de diferentes cores, e representando o proceso gráficamente.
Exploramos aspectos xeométricos "construindo" debuxos con figuras xeométricas planas: casas, trens, edificios, soles...
Pegamos no chan unha serie numérica (ata o 13) para empregala na rutina da fila.
Deste xeito o encargado pode chamar ós seus compañeiros e compañeiras indicando en que número deben colocarse na fila. Aquel que esté no último número (no 13) será o encargado de apagar as luces e pechar a porta.
Continuamos a completar o noso diccionario co muro das palabras:
Como vos comentabamos nunha entrada anterior, estamos a elaborar un diccionario adicándolle cada semana a unha letra. Ó longo deste mes continuamos a completar o noso diccionario con diferentes palabras.
Comezamos coa recopilación de "noticias":
Iniciamos unha nova tarefa que terá lugar ó longo do curso, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula, e que consiste en traer da casa unha noticia comentada. A primeira foi Noa e cada semana será o turno dun novo compañeiro/a. Xa vos contaremos máis desta tarefa noutra entrada.
Conseguimos capachos para a aula:
Despois de envíar unha nota ós pais e nais dos compañeiros e compañeiras de 4 anos, conseguimos traer á aula varios capachos, que empregaremos nunha actuación de nadal, ademáis de noutras moitas actividades.
Xa vos contaremos máis polo minuido, noutra entrada, todo o que estamos a facer con estes capachos ;)
Ademáis tamén probamos diferentes froitos do outono (que podes ver noutra entrada) e comezamos o primeiro proxecto de investigación deste curso, pero xa o contaremos noutro momento.