(2013-2014) O outono e as castañas
Como tódolos anos neste tempo de outono celebramos a festa das castañas. Para iso decidimos facer un traballo de investigación sobre o magosto: os preparativos da festa, como se celebra, por que, a orixe dos castiñeiros, zonas de Galicia onde abonda esta árbore, a colleita de castañas... Entre todos, falamos sobre o que sabiamos sobre o tema, consultamos páxinas web, bibliografia diversa, Internet...
Fixemos equipos de dous e mans á obra. Primeiro un borrador no que figuraba a distribución dos diferentes apartados que iamos tratar, ilustracións, titulares, cores...
Antía e Uxía fixeron este traballo.
Teorías sobre a orixe da palabra "magosto", receitas de castañas, refráns, canción, unha lenda toscana, un conto de bruxas...Tamén investigaron sobre o samaín.
Carla, María e Nuria
Adiviñas, ditos e refráns, paisaxe de outono, poemas e cantigas, un souto...
Virxinia e Laura.
Traballaron sobre o San Martiño, refráns e ditos alusivos ós alimentos típicos da época, receitas...rodeando un magnífico castiñeiro.
Dani Camiña e Alex.
Unha cartolina na que figuran catro apartados: paisaxe de outono, cantigas, unha lenda, poemas e refráns. Fermosamente ilustrada con especies de paxaros autóctonos e outra fauna e flora asociadas a zonas de soutos de Galicia.
Dani Campos e Jose.
A festa da castaña, outros lugares de España onde se celebra, os participantes nela, receitario, cantigas, refráns, adiviñas, asador de castañas e outras ilustracions.
E así de bonito nos quedou cando o colgamos no corredor do colexio para disfrute de todos.
BIBLIOGRAFÍA:
"Magosto".Felipe Senén López Gómez.Edicións Bahía.
"As festas anuais".Colectivo de mestres "Ollo de sapo"
"Magosto". Unidade didáctica editada por S.T.E.G.
Materiais didácticos para Infantil e Primaria. CEIP Galán Oseiro - Arteixo.
Unidade didáctica do CEIP de Armenteira.
Internet e diversas páxinas web e blogs dos E.D.L.G. dos colexios e IES de Galicia.