(2013-2014) Celebramos os cumpreanos de outubro
O pasado martes 29 celebramos os cumpreanos dos compañeiros que cumprían en outubro.
Nesta ocasión tocoulle o turno a tres nenos da aula de Infantil 1:Álvaro, Iker e Lucas, e en cambio non cumpría ninguén en Infantil 2.
Os nosos compañeiros decoraron as súas coroas, coa axuda doutros nenos da clase, e elixiron do noso libro das receitas que tarta querían facer e optaron nesta ocasión polas trufas de chocolate.
Con todos os ingredientes xa na clase, nos puxemos mans a obra, mirando no noso libro os pasos do proceso:
-Desfacer as madalenas e galletas, para logo mezclalas con azucre, cacao e leite, ata obter unha masa compacta que nos permitise facer boliñas con ela.
Como facemos sempre, botamos man da axuda dalgúns compañeiros, encantados de colaborar.
Xa coas trufas listas o seguinte paso, ademáis de recoller e deixar todo ben limpiño, era deixalas no frigorífico do cole, pois ata o día seguinte non as comeríamos.
Xa o día da celebración, Lucas e Álvaro sopraron 3 candeas
e Iker soprou as 4.
E logo....a repartilas...e a comerrr!!!!
Como a bandexa pesaba bastante axudounos o profe Oscar a repartilas e que non caesen.
Estaban riquísimas e tamén estaban moi boas as patatiñas e gusaniños!!
Agora haberá que mirar no noso libro dos cumpreanos, cando será a seguinte festa!!