(2013-2014) Retratámonos con alambre
Sandy (Alexander Calder)
fixo un feixe de retratos
empregando para elo este material.
Dende animais, personaxes de circo,
amizades e famosos da súa época.
Na nosa clase probamos a facelo con nós mesmos. (Se clicades nesta imaxe accederedes a unha revista con todos os nosos retratos.Quen será quen?)
- Primeiro debuxamos os nosos retratos de frente ou perfil. A única condición a respetar foi a de facelo cun único trazo (técnica que xa practicaramos o curso anterior).
- Despois, tentamos facelo cun anaco de fío de alambre. Resultou un pouco máis difícil, sobre todo porque ao facer unha parte movíasenos o que xa tiñamos listo. Algúns decidiron pousar libros nas partes rematadas para así fixalo.
E mirade... ao final non quedaron tan mal.
É que somos uns artistas!
E este último cun aire picasiano, non vos parece?