(2013-2014) Diseñando o pintado do noso coche
Como xa vos contamos nunha entrada anterior, andamos a traballar na nosa aula na hora semanal de plástica coa obra do gran escultor Alexander Calder.
(Clicade aquí para acceder a ela)
Unha das actividades que nos propuxeron facer na webquest que traballamos sobre el foi o diseño do pintado dun coche. E así fixemos!
1º Preparamos os nosos debuxos. Algún tiña diferentes modelos onde elexir...
2º Démoslle unha base branca ao coche para logo poder decoralo mellor.
3º Perfilamos as distintas partes e démoslle cor.
A idea era que o pintado final fose o que deseñaramos no papel.
Non quedaron tan ben coma o de Calder, pero... é que aínda nos quedan anos de experiencia!
Se clicades sobre a imaxe accederedes á revista dixital dos feitos na aula.
Ademais agora temos coches de xoguete na aula únicos e orixinais!