(2013-2014) Creamos follas para o outono literario e castañas terroríficas
Cada semana subimos á biblioteca do centro a ler un conto e facer algún traballo sobre el, de camiño sempre saúdamos a Dora Lectora, a mascota da biblioteca que está no corredor.
Unha mañá no noso buzón da aula atopamos unha carta de "Dora Lectora", na que nos contaba que este ano celebraríamos o Samaín e o Magosto nunha única festa con castañas "terroríficas".
Tamén nos propoñía participar no "outono literario" que organizaba a biblioteca do centro, facendo unha folla e escribindo nela algo que tivese que ver coa literatura.
Entre todos e todas descubrimos unha forma nova de "decorar" as follas, pegando anaquiños de revistas de diferentes cores cortados e combiados creativamente.
Chegaba a momento de que cada quen fixera a súa folla empregando esta técnica, pero tiñamos que decidir se queriamos facelo na biblioteca do centro ou ben no corredor onde se atopaba Dora.
Cada un escribui o seu nome na columna da opción que prefería da votación.
A opción con máis votos foi facelas no corredor onda Dora, polo que tivemos que traballar sen facer ruido e sen molestar ós compañeiros e compañeiras dos outros cursos... A experiencia resultou moi interesante xa que e fomos capaces de rematar a nosa folla, organizándonos no espazo, compartindo o material, colaborando e traballando de forma ordeada;)
Coas nosas follas xa decoradas era o momento de escribir unha mensaxe dentro delas, optamos por escribir cada quen a "persoaxe protagonista" do seu libro favorito da biblioteca de aula.
Un por un fomos explicando quen era a persoaxe protagonista do seu libro, que outras persoaxes había no libro e que papel desempeñaban na historia.
Despois de que cada quen escribise o nome da persoaxe do seu libro, xunto a unha imaxe da portada do libro (que conseguimos coa aplicación que usamos para o préstamo de libros escribindo o número do libro); metímolas todas nun sobre e démosllas a Dora.
Agora tan só quedaba agardar a que as recollesen e as pegasen na biblioteca, xunto coas follas dos demáis compañeiros e compañeiras de outros cursos.
Así quedaron as nosas follas pegadas no outono literario da biblioteca do centro
FACEMOS CASTAÑAS TERRORÍFICAS NA BIBLIOTECA:
Ademáis de na carta que nos enviou Dora, no corredor había un cartel pedindo axuda para facer "castañas terroríficas".
Tal como pedía na carta, adicamos unha das nosas visitas á biblioteca do centro para facer as nosas "castañas terroríficas".
Fómolas pegando xunto as dos demáis compañeiros e compañeiras, saíndo da pota da Bruxa.
Xa vos contaremos que tal o pasamos na festa do "MAGOSTO-SAMAÍN".