Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

MAGOSTOSAMAÍN

MAGOSTOSAMAÍN Sorprendido

XA SE ACERCA O DÍA QUE TODOS E TODAS ESTABADES AGARDANDO, EU TAMÉN, XA VOU TENDO FAME...

 

Este ano parece que hai unha momia solta

 

 pero que ten moita marcha.

 No colexio parece que se están a escoitar ruidos raros cando lle dades á cisterna e tamén se ven cousas pegadas polas paredes dos corredores....

  

Vese que tendes ganas de festa.
O mural da entrada quedou moi bonito e xa non teño tantas ganas de comervos.
Teño comida dabondo para todo o ano que queda e para o que vén. A verdade é que me preparastes un bo menú.
Menos mal que non hai froita que me produce indixestión. 
Indixestión de Samaín.
PREPARÁDEVOS, MAÑÁ VAICHE SER BOA.....
Mirade detrás, a ver quen está.... 
 
Pasádeo ben no Magostosamaín.
Bueno, a festa xa rematou e parece que non se coumeu a ninguén, estades todos e todas.Non falta ningunha orella, ningún nariz...
  
pois non, vese que estades todos e todas moi cansos e cansas pero con todo no seu sitio...
Pois eu tiven moito traballo, tamén teño que dicir que é o único día do ano que traballo
en realidade estou detrás destas cortinas... lembrades...?
Como andivestes daquí para alá pois non puiden botarvos o dente a nada.
Vou lembrar o que andivestes a facer tódolos nenos e nenas do cole e as mestres e os mestres tamén.
A ver; tivestes taller de maquillaxe e algún e algunha estaba bastante horripilante, máis ca min
Bueno aquí non se aprecia pero estabades moi feos e feas e dabades medo que eu tiven moito....
 
mirade como quedei...
Tamén tivestes contos de medo e terror na biblioteca
Estabades moi atentos e atentas e non me atrevín a botarvos o dente...
Tamén vos adicastes a meter sustos e a verdade é que o fixestes moi ben...
 
e quedaban poucas ganas de pasar pola vosa beira...
Cando xa ía sendo a hora de comer resulta que vos fostes para o pavillón e alí xogastes a xogos de terror competindo co magosto non sei ó final quen gañou, como comprenderedes; onde non podo comer non me quedo.
Tamén debuxastes os vosos medos que deron moito medo....
vistes curtametraxes de medo pero díxome un paxariño que non pasates "nadita" de medo, iso tería que velo eu...
E como non fun quen de comer nada decidín marchar desta escola e funme a vivir a vida a outro colexio onde puidese comer pero nada, ó final comín unha ensalada.
 
Que aproveite.
 Agora que xa quedamos tranquilos e tranquilas, desde o blog de normalización imos a contarvos o que queda por ensinar.
A exposición de cabazas que foi moi bonita e terrorífica:
Sodes uns artistas.
Aquí tendes a s cabazas que vós votastes como gañadoras..
Son unha auténtica obra de arte.Os nenos e nenas que as fixeron foron:
E.I. Jessica Naya Martínez
1ºciclo: Andrea Valiño Amestoy
2º ciclo: Aroa Fraga Silva
3º ciclo José VázquezFerreiro
Logo houbo entrega de diplomas ás cabazas máis orixinais, aquí gañastes moitos.
Cantamos a canción da MOMIA.
e para rematar fixemos O Samaín.
Pódese dicir que foi un día completo.
Ata o ano que vén veremos se teremos máis sorpresas ou non, quen sabe , cada unha e cada un que pense o que queira pero que non dea moito medo.
Chau!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.