(2013-2014) Descubrindo a Alexander Calder
ALEXANDER CALDER
Durante este mes de outubro estivemos a traballar nas clases de plástica cun gran e divertido artista.
(Que raro todo en vermello... non? Todo ten un por que...O vermello era a súa cor favorita!)
O 1º que fixemos foi preguntarnos se o coñeciamos. Nin idea... (Como non foxe o pai de Alexandre o de clase).
O 2º foi traballar en grupos cunha pequena webquest que nos preparou a mestra. Cos ultraportátiles entramos nela e comezamos a resolver as distintas cuestións plantexadas no seu proceso.
Así foi como...
...... Escribimos a súa biografía (traballada en lingua castelá). Algúns dos datos que máis nos sorprenderon dela foron: -que o primeiro agasallo que tivo de pequeno fora un taller.
-que estudiara inxeniería.
- que o seu pai e avó fosen escultores e a súa nai pintora.
- que fose o INVENTOR dos móbiles ( non dos teléfonos!) e precursor do arte cinético. (Xusto na clase xa tiñamos dúas obras deste tipo: o móbil que fixeramos o curso pasado na nosa visita ao Salón do Libro e a "escultura cinética" que preparara Daniel Camiña durante o proxecto dos inventos.)
- que fose moi amigo de Joan Miró (artista español do que algo xa averiguamos xunto con Picasso)
...... Recopilamos un feixe de obras súas que gardamos na nosa carpeta do ultraportátil e visionamos algún vídeo. Logo tamén reproducimos algunha.
(Poderedes atopar todas elas no enlace á Fundación Calder. Está na nosa web no apartado de recursos e ligazóns de sexto)
....... Diseñamos o pintado do noso propio coche, tal como fixera Calder con coches e avións.
...... Fixemos o estudo dos nosos retratos e despois de facelos nun só trazo de frente e de perfil, pasámolos a facer con alambre.
...... E ,coma non, preparamos os nosos propios móbiles.
Ademais...tamén algún de nós foi traendo información sacada de internet sobre el, outros prepararon reproduccións dalgunha das súas obras e lemos un libro que a mestra trouxo da biblioteca pública sobre a súa obra.
Todo o que descubrimos dun home do que ninguén na clase sabía nadiña!
Esto de informarse.... é alucinante!!!!!
Todas as imaxes son obras deste artista.
As nosas irémosvolas mostrando nos próximos días, a medida que as vaiamos rematando. De momento seguimos no taller traballando!!
A ver se nos da o tempo para montarvos unha pequena exposición con todas elas na aula. Algún de nós formarase como guía do museo Calder para informaros na visita. Avisarémosvos do día de apertura. Deica logo!