(2013-2014) Retratando!
O curso pasado debuxáramos as nosas mascotas traballando a escala.
Agora tocábanos a nós e retratámonos. Como?
Para decorar a aula con algo novo, orixinal e persoal, preparamos uns autorretratos un pouco especiais.
Para facelos marcamos nun papel a silueta da sombra do perfil da cara de cada un de nós. Escurecemos a clase e enfocamos o proxector nos nosos perfiles. Un compañeiro ía trazando a liña da sombra nun papel pegado na parede.
Logo continuamos facendo líneas curvas seguindo a marcada polo noso perfil ata encher toda a nosa cara e coloreámolas.
A ver se dades averiguado quen é cada un. Algúns recoñécense bastante ben.
E seguindo cos retratos, tamén estivemos a debuxar diferentes modos de facer caras, emocións,...
Primeiro todos debuxamos 4 formas diferentes de cara e as distintas maneiras de facer narices, ollos, bocas e cellas.
Combinando todas elas fóronnos saíndo personaxes do máis variado e divertido.
Xa só nos queda darlle un pouco de cor e debuxarlle os complementos que acompañen mellor a cada un deles.
A ver se desta vai e xa deixamos de debuxar aos monicreques sempre do mesmo xeito.
É ben fácil e serán máis divertidos e orixinais!