Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

AULA DE 2º E PT, ABRINDO AS NOSAS " MALETAS" PARA PRESENTARNOS NO INICIO DO CURSO

Na aula de 2º curso como temos profe novo, e tamén algúns novos compañeiros, para comezar con bo pé, decidimos levar a cabo a proposta feita dende o departamento de orientación para presentarnos e coñecernos un pouquiño millor.

E nisto andamos estes días. Cando voltamos do recreo, por equipos, imos abrindo as nosas " maletas" con cousiñas que puxemos alí con especial coidado porque nos identifican e contan algo de nós, que queremos transmitir ós demais.

Comezou o mestre novo, Iván, quen trouxo unha " maleta" moi peculiar...mirade....

E dela foi sacando.....

As fotos dos seus nenos, porque, evidentemente son algo moi importante na súa vida, un libro de cantigas, porque lle gusta moito moitísimo a música, unha lanterna...que curiosoooooooo........para alumear, e.....finalmenteeeee.....unha guitarra española coa que nos tocou unhas cancións chulísimas...que pasadaaaa¡¡¡

E agora, durante estas semanas, tócanos ir abrindo as nosas " maletiñas", e algúns exemplos son estes:

Un boneco que acompaña ós soños de Andrea.

Un playmobil que lle encanta a Raúl, xunto con instrumentos varios de percusión....

Un xogo de Bob Esponxa que apasiona a Iker.....

Por certo, que, resulta, que moitos nenos e nenas, e incluso ó profe da clase de 2º curso, coinciden en que lles encanta comer....CHURRASCO!!!

Pois nada, xa sabemos cal vai ser o menú.....

Seguiremos informando porque esta actividade nos está servino para valorar aspectos como:

- A empatía entre os nenos e nenas establecendo afinidades e gustos en común.

- Fomentar o respeto polos gustos dos demais.

- Valorar a escoita activa e a participación nun grupo, aportando aspectos propios.

- Manifestar emocións e sentimentos.

E moitas cousiñas mais implícitas no currículo da etapa de Educación Primaria. Que non todo van ser libros¡¡¡¡

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.