(2013-2014) Recibimos ós novos compañeiros e compañeiras... benvidos!!
Como xa vos comentamos na anterior entrada, este ano temos catro novos compañeiros e compañeiras. DAVID, TIAGO, LAURA e MARCOS.
Nestes primeiros días, mentras os novos compañeiros e compañeiras exploraban a súa aula, entre todos, contámoslles todo o que se podía facer na nosa aula... e que mellor que o fixeran os "máis veteranos da aula".
Explicámoslles que podían disfrazarse e como tiñan que recoller os disfrazes despois.
Tamén como se podía xogar coas ferramentas, con algunha clase maxistral de como golpear forte co martelo.
A plastilina foi unha das cousas que máis lles gustou ós de tres anos, contámoslle os nosos trucos para empregar os rodillos e os moldes. De seguido deron co conto.
Tamén lles contamos como facer churros e bolas de plastilina "enormes"... de seguro que quedaron impresionados.
Escribir no encerado foi outro dos grandes descubrimentos para os máis pequenos.
Ensinámoslles todo o que podían atopar no recanto de infantil da web do colexio, empregando o ordenador da aula.
Tamén xogamos xuntos con diferentes xogos simbólicos. Algúns compartiron experiencias na cociña...
Mentras outros se convertían en médicos dun hospital.
E por suposto, todos probaron a meterse dentro da casiña, para arreglala con ferramentas ou deixar voar a imaxinación :)
Tamén tivemos as nosas primeiras asambleas, limos algún conto, pero sobre todo adicamos o tempo a coñecernos, e a integrar no grupo ós novos compañeiros e compañeiras.
Xa vos iremos contando todo o que vaian dando de si estas primeiras semanas de curso.