uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:
       

(2012-2013) Creamos uns "pasatempos exipcios" para a revista escolar

Podes ver os pasos anteriores desde proxecto de investigación nestas entradas:

- Comezamos a investigar sobre Exipto

- Investigamos sobre Exipto: Os xeroglíficos e as pirámides.

- Investigamos sobre Exipto: comezamos a construír a nosa gran pirámide.

 

OS XORNAIS: Para que serven? que teñen no seu interior?

Unha mañá estivemos "destripando" varios xornais que trouxo o profe... falamos sobre o que iamos atopando, o que había en cada páxina e  para que criamos que servían. 

 

Cada quen foi recortando aquelo que lle parecía "máis interesante" do periódico, e explicaba ós demáis para que cría que servía: "para contar cousas", "para xogar", "para ver a tele", "para ir a sitios"...

 

Como os maiores xa traballaran co xornal outros anos, coñecían como se chamaba cada unha das "cousas" que iamos atopando.

Así pois fómolas organizando nunha cartolina... cantos tipos diferentes de contidos atopariamos no xornal?

 

Atopamos "noticias", "pasatempos", "tempo", "anuncios"... tamén descubrimos que lendo o que poñía arriba de todo, en cada páxina, saberiamos de que contido se trataba en cada caso.

 

A revista escolar "O Cervo": cal sería a nosa contribución este curso?

Como lembramos, revisando números de cursos anteriores, o noso colexio ten o seu xornal (ou revista) que se fai ó final de cada curso.

Estivemos comentando ós novos compañeiros e compañeiras o que fixeramos no curso anterior, "A nosa crítica cinematográfica", e así llo demostramos ensinándolle a revista do curso 2011-2012.

Decidimos facer unha votación entre as diferentes "seccións" que atopamos nos xornais, para escoller que tipo de contido iamos facer para a revista escolar "O Cervo" número 17:  

 

Despois de contar os votos (gomets vermellos) que puxeramos entre todos e todas, e de escribir o número correspondente a cada un, este foi o resultado final.

Fariamos uns pasatempos para que os demáis compañeiros e compañeiras puidesen xogar con eles... e que mellor que fosen "exipcios". 

 

Facémo-los nosos "pasatempos exipcios":

Un equipo encargouse de elaborar a primeira páxina, onde explicariamos ós demáis cales eran os xeroglíficos e que siginificaban "nas nosas letras".

 

Outro equipo encargouse de escribir unha "frase misteriosa", acordando o contido da mesma, recortando e ordeando os xeroglíficos que dícian o mesmo (sen esquecer ningún) e por último, pegándoos na folla da revista na orde correcta.

 

Varias parellas foron completando a "sopa de letras", escollendo algunha palabra relacionada con exipto das que aportaramos entre todos e todas; escollendo os xeroglíficos que formaban esa palabra, poñéndoos na orde correcta e pegándoos nunha táboa "en branco".

Cando cada tódalas parellas puxeron as súas palabras, escondémolas pegando entre todos e todas, moitísimas letras nos ocos que quedaban valeiros... quen será capaz de atopalas agora?

 

Para que fose máis doado de resolver a sopa de letras, cada parella escribiu o nome da palabra que esconder cun debuxo ó seu lado.. agora xa non terían excusa para dicir que non sabían que buscar ;)

 

Por último, otro grupo foi o encargado de facer as "8 diferencias", como no pasatempos que atoparamos no xornal.

Empregando a cámara de fotos conseguimos unha imaxe do noso "Exipto en plastilina" (que xa vos contamos noutra entrada), e logo, tras quitar 8 cousas (pirámides, persoas...), votamos a facer outra foto sen eses obxectos, agora xa podíamos facer o xogo "das diferencias".

 

Se queres ver como quedaron os nosos pasatempos, e non podes esperar a resolvelos cando teñas nas túas mans o número 17 da revista escolar "O Cervo", fai click na seguinte imaxe


 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.