(2012-2013) Algunhas actividades e propostas do mes de maio.
Ademáis dalgunhas cousas acontecidas en maio das que xa vos contamos en entradas anteriores, tamén vos temos que contar outras máis que sucederon.
*Fumos ó teatro en Pontevedra
O luns 6 de maio asistimos á representación da obra "A caixa de música", que estaba feita con títeres.
Como o tempo non axudou nos tivemos que volver nada mais tomar na merenda, alí no mesmo edificio onde vimos a obra.
*Asistimos a un contacontos na nosa escola
Contacontos que a biblioteca do concello organizou para os nen@s de Campo Lameiro o 20 de maio.
Foi moi participativo e algúns compañeiros ata saíron ao esceario a botar unha man ó noso contador de historias.
*Asistimos a unha representación teatral a cargo dos compañeiros de 5º curso.
Asistimos expectantes e super atentos
á representación que prepararon os nosos compañeiros, que se titulaba "Inventos lunáticos", que resultou divertidísima.
A mesma mañá da función algúns dos actores viñeron á nosa aula a informarnos é entregarnos as invitacións para asistir á representación.
Qué ganas de que chegara o momento!
*Celebramos os cumpreanos do mes de maio.
Este mes só estivo de cumpreanos unha compañeira de infantil 2, YAIZA, que soprou 5 candeas.
O día anterior á festa , elaborou a súa tarta e pediu axuda a algúns nen@s para dar acabado o postre, tarta de galletas con natilla de vainilla, froita e unha capa de chocolate fundido.
Coma sempre, desfrutamos moito cantandolle á homenaxeada e por suposto coa degustación da tarta e das patatiñas e gusaniños.
*Prantamos na horta.
Como as nosas prantas creceran bastante,
era o momento de cambialas a un lugar con máis espacio, terra, auga..así que fumos a prantalas á horta.
Inicialmente as sementes eran de margaridas, pensamentos e claveis pero como non daban crecido moito acabamos sementando guisantes de olor e istos son os que prantamos na horta.
..
Así quedaron todas nunha ringleira
agora hai que estar atentos de que non lles falte a auga, aínda que co que estivo a chover....
Ademáis, con pinceis e témperas, fixemos uns debuxos dsas nosas prantas dende que eran sementes ata que creceron e se convertiron no que son agora.
Coma sempre facemos coas nosas creacións, as colocamos nun recanto da aula para expoñelas, feita cada unha en función do ritmo madurativo e da creativdade de cada un.
Previamente visionamos un video que nos encantou que describe visualmente moi ben este proceso de xerminación e crecemento dunha pranta.
*Continuamos co nosa proposta das formas xeométricas e a liña.
Só nos faltaba elaborar o mural con diferentes tipos de materiais e texturas e tratando de que a nosa creación fora feita a partir da liña e as distintas formas xeométricas.
Levamos a cabo a proposta organizados por equipos, que o encargado fixera para o traballo e os recantos do día.
Tiñamos material variado: papeis de cores, celofán, cremalleiras, lá, cintas do pelo, cordóns, bandexas cartón, anacos de teas.....ademáis da cola.
Estes foron os equipos e o resultado, as nosas obras.
Noutra sesión diferente nos volvimos xuntar para rematar a obra engadíndolle con témpera e pinceis o que consideráramos que podía necesitar. Tiñamos que elixir tres cores únicamente e estar de acordo todo o equipo.
E así quedou:
E finalmente só quedaba observar a nosa obra e decidir qué título lle poñeríamos en función do que nos suxerira a composición.
Os títulos que se decidiron finalmente:
-"Formísimas geométricas".
-"Estrelas".
-"Peliqueiro".
Desfrutamos moito coa actividade e avanzamos un pouquiño no traballo en equipo, na valoración das aportacións dos outros, na autoestima, na creatividade e imaxinación e en moitos outros contidos curriculares.